Atenea Partenos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura votiva achada preto da escola Varvakeion, reflicte o tipo da restaurada Atenea Partenos: período romano, século II (Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas)

Atenea Partenos (en grego antigo Ἀθηνᾶ Παρθένος, literalmente Athena a Virxe) é o nome dunha enorme escultura criselefantina da deusa grega Atenea, obra de Fidias. Recibía o seu nome dun epíteto da propia deusa, e estaba aloxada no Partenón, na Acrópole de Atenas. Realizáronse diversas réplicas e obras inspiradas nela, tanto antigas como modernas.

Foi a imaxe de culto de máis soa na cidade de Atenas,[1] considerada un dos maiores logros do escultor máis aclamado da antiga Grecia. Fidias comezou a súa obra ao redor do ano 447 a.C,[2]Lacares retirou as láminas de ouro no 296 a.C. para pagar ás súas tropas, e o bronce foi probablemente dourado máis adiante. Resultou danada por un lume cara o 165 a.C., mais foi amañada.[3] Continuaba estando no Partenón no século V, cando poido terse perdido noutro lume. Un relato menciónaa, porén, en Constantinopla no século X.[4]

A obra tivo un gran impacto entre os seus contemporáneos, ata o punto de que deu orixe a unha tradición de estatuas criselefantinas, na cal atópase comprometido de novo a Fidias, coa estatua de Zeus en Olimpia, e a outros escultores, nos santuarios dos séculos V e século IV a.C.

Descrición[editar | editar a fonte]

O historiador antigo Pausanias dá unha descrición da estatua:

...A estatua en sí está feita de marfil e ouro. No centro do seu casco hai unha figura semellante á Esfinxe... e a cada lado do helmo hai grifos en relevo. ... A estatua de Atenea atópase de pé, cunha túnica ata os pés, e sobre o seu peito a cabeza de Medusa está tallada en marfil. Sostén unha Vitoria de aproximadamente catro cóbados e na outra man unha lanza; aos seus pés xace un escudo e preto da lanza hai unha serpe. Esta serpe podería ser Erictonio. Sobre o pedestal está o nacemento de Pandora en relevo.[5]

O tipo xeral da Atenea Partenos, aínda que non o seu carácter e calidade, pode aquilatarse a partir da súa imaxe en moedas[6] e as súas reproducións en miniaturas esculpidas, como obxectos votivos, e nas representacións sobre xemas gravadas.[7]

A testa de Atenea aparece lixeiramente inclinada cara a adiante. Está de pé coa súa man esquerda pousada sobre un escudo vertical. O seu xeonllo esquerdo está lixeiramente dobrado, o seu peso desprazado levemente cara á súa perna dereita. O seu quitón está axustado na cintura por un par de serpes, cuxas colas entrelázanse nas costas. Os guechos do pelo caen sobre o peto da deusa. A Niké da súa man dereita estendida é alada: discutiuse moito sobre se había un soporte baixo o orixinal de Fidias,[8] sendo contraditorias as versións conservadas. A posición exacta dunha lanza, a míudo omitida, non se determinou completamente, se estaba no brazo dereito de Atenea ou sostida por una das serpes da éxida, tal e como N. Leipen a restaurou,[9] seguindo a xema Aspasios.

Testa da Atenea Varvakeion

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Atenea Partenos foi representada sobre relevos contemporáneos que conmemoraban tratados atenienses e durante o século IV apareceu en bastantes moedas de monarcas helenísticos degoirados por proclamar as súas conexións helénicas. Véxase "An Athena Parthenos from Cilicia". Anatolian Studies 27: 108 y sig. 1977.
  2. Andrew Stewart afirma que no 446 a.C.
  3. "The repair of the Athena Parthenos". American Journal of Archaeology 38: 93–106. 1934.
  4. Gisela Richter, Sculpture and Sculptors of the Greeks, páx. 220 con antigas referencias, apuntado por "Concerning the Parthenos". Hesperia 30 (1): 2. xaneiro de 1961.
  5. Pausanias, Descripción de Grecia i.24.5–7.
  6. Lacroix, L. (1949). Les reproductions des statues sur les monnaies gracques. Liexa. pp. 266–81. 
  7. Leipen (1971).
  8. Gisela Richter opinou que non o había e resumiuno en "Was there a vertical support under the Nike of the Athena Parthenos?". Studi in onore... Calderini e Paribeni (Milán): 147–54. 1956.
  9. Leipen (1971) páx. 29.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leipen, N. Athena Parthenos (Toronto) 1971.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atenea Partenos Modificar a ligazón no Wikidata