Acaia, Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Acaia (grego clásico Ἀχαΐα, axaˈia; grego moderno Αχαΐα, Ajea) é unha antiga provincia e unha prefectura actual de Grecia que se atopa na costa norte do Peloponeso, lindando co golfo de Corinto.

Acaia limita ao oeste con Elis e ao leste con Sición. A súa poboación en 2001 superaba os 300.000 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente os aqueos eran a tribo grega que habitaba a Acaia, e segundo Homero, a Acaia era o berce dos Mirmidóns, comandados por Aquiles.