Ferrari 250 Europa GT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrari 250 Europa GT

Deseño Vignale, Pinifarina
Produción 1955 (44 unidades)
Configuración
Tipo Cupé
Modelos relacionados
Antecesor Ferrari 250 Europa


O 250 GT Europa é un deportivo construído por Ferrari en 1955.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi presentado no Salón do automóbil de París de 1954 e substituíu o 250 Europa. No principio era tamén chamado "250 Europa", pero pronto engadiuse "GT" para distinguir as dúas series. Estes foron, con todo, dous modelos moi similares, e a diferenza estética máis importante era a distancia entre o gardabarros e os alicerces dianteiros parabrisas. Tamén era similar ao 375 América

Pero a maior diferenza era o motor. O "250 Europa" montaba en realidade un V12 "longo", deseñado por Aurelio Lampredi, mentres que o "250 Europa GT" instalaba un V12 "curto", deseñado por Gioacchino Colombo, que xa se utilizara noutros modelos Ferrari. Co acurtamento do tamaño do motor, foi posible acurtar a distancia entre eixos 200 mm quedando en 2600 mm en total, sen reducir o espazo interior. Tamén se aumentou o ancho en 29 mm. Outro elemento que distingue o "250 GT Europa" fronte ó "250 Europa" era o chasis. Este último no "250 Europa GT" estaba formado por dous tubos principais situados lonxitudinalmente coa cruz de reforzo transversal e soporte externo no que estaba montado a carrozaría.

Case todos os modelos tiñan o volante a esquerda, agás un exemplar.

O "250 GT Europa" foi o punto de referencia para os seguintes coches de estrada de Ferrari, grazas á homoxeneidade na súa construción. A partir deste modelo Pininfarina chegou a ser case o único deseñador da serie Ferrari. Ademais, os cambios no motor e chasis deste modelo sentaron as bases de automóbiles de rúa de Ferrari durante dez anos, na xeración de modelos de clase "250 GT"

Especificacións[editar | editar a fonte]

O motor V12 a 60° dianteiro estaba montado lonxitudinalmente. Tiña unha capacidade de 3 l e era totalmente diferente ó instalado no 250 Europa. Foi unha evolución do motor "curto", creado por Gioacchino Colombo e tiña un desprazamento de 2.963´45 cc. A relación de compresión era 8:1. L tiña tres carburadores Weber de dobre corpo 36 ou 42 DCZ, distribuidor e frontal montado horizontalmente. A lubricación en Cárter húmido, mentres que o embrague tiña un disco de embrague dobre. A potencia era de 200 CV a 6300 rpm.

A velocidade máxima era de 218 km/h.

Liña temporal[editar | editar a fonte]

Modelos de turismo de Ferrari, 1947–1968
Tipo Anos 1940 Anos 1950 Anos 1960
7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8
Deportivos 125 S 166 S 195 S 212 Exp 225 S 250 MM 250 Monza 250 GT Tour de France 250 GT SWB 250 GTO 250 LM
159 S 250 S 250 Export
GT 166 Inter 195 Inter 212 Inter 250 Europa 250 GT Europa 250 GT Boano 250 GT Ellena 250 GT Coupe PF 250 GT Lusso 330 GTC 365 GTC
275 GTB 275 GTB/4
Descapotables 250 GT 275 GTS 330 GTS 365 GTS
2+2 250 GT/E 330 GT 365 GT
America 340 America 375 America/MM 410 Superamerica 400 Superamerica 500 Superfast 365 California
Modelos de turismo de Ferrari, desde 1960
Tipo Anos 1960 Anos 1970 Anos 1980 Anos 1990 Anos 2000 Anos 2010
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0
FR/FMR GT 250 275 365 GTB/4 Daytona 550 575M 599
America 330 365
2+2 250GT 330GT 365GT GTC/4 GT4 400 400i 412 456 456 M 612
V8 California
RMR V6/V8 Dino 206 Dino 246 GT 308GTB 308i 308 QV 328 348 360
246 GTS 308 GTS 208 208 Turbo GTB/GTS Turbo F355 F430 F458 Italia
2+2 Dino GT4 Mondial 8 Mondial QV 3.2 Mondial Mondial t
bóxer-12 365BB 512 BB 512i BB Testarossa 512TR F512M
Modelo halo 250 GTO 250 LM 288 GTO F40 F50 Ferrari Enzo FXX FXX Evolution
F50 GT

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial