Ciclióforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cycliophora")
Ciclióforos

Clasificación científica
Reino: Animalia
Phylum: Cycliophora
Clases

Os ciclióforos (Cycliophora en latín portador de pequenas rodas, debido a unha pequena coroa que rodea a boca de ditos organismos) son un filo de animais descuberto en 1995 por Reinhardt Kristensen e Peter Funch da Universidade de Copenhagen na boca de Nephrops norvegicus. [1]. Trátase dun grupo de seres mariños, triblásticos, acelomados, con simetría bilateral, que inclúe un único xénero, Symbion, con dúas especies Symbion pandora e Symbion americanus. [2]

Índice

[editar] Características

Os zoólogos decidiron crear este filo xa que estes seres posúen un gran número de características que os diferencian doutros filos como a súa morfoloxía, a sexualidade, etc non encaixando con ningún dos actualmente existentes.

  • Dende o punto de vista da súa sexualidade, este grupo presenta unhas características propias como son a presencia de tres tipos de formas: unha forma de maior tamaño asexuada, uns machos máis pequenos unidos as formas anteriores e unhas femias de tamaño intermedio.
  • En canto o aparato dixestivo, os individuos presentan un embude bucal cunha coroa de cilios na parte superior do tronco coa misión de atrapar o alimento. O ser transparente, pódese apreciar no interior do seu corpo un tubo dixestivo que ten estrutura en U, estando o ano preto do embude.
  • Na parte inferior do tronco obsérvanse xemas internas que corresponden a embrións en diferentes estados de desenvolvemento.
  • O ciclo biolóxico pasa por unha fase asexual e outra fase sexual que acaba xerando unhas larvas que producen novos individuos asexuados.
  • Viven adheridos as mandíbulas da cigala por un corto pedúnculo que remata nun disco adhesivo e o seu tamaño e inferior a 1 mm. de lonxitude.

[editar] Bibliografía

  1. P. Funch & R. M. Christensen (1995) Cycliophora is a new phylum with affinities to Entoprocta and Ectoprocta na revista Nature, volume 378, páxinas=711–714 [[1]]
  2. M. Obst, P. Funch & G. Giribet (2005) Hidden diversity and host specificity in cycliophorans: a phylogeographic analysis along the North Atlantic and Mediterranean Sea en Molecular Ecology |volume 14, páxinas 4427–4440, [2]


[editar] Véxase tamén

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Ciclióforo

[editar] Ligazóns externas


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas