Xenacoelomorpha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xenacoelomorpha
Rango fósil: Ediacárico-Recente

Xenoturbella japonica, un membro dos xenacelomorfos (xenoturbélidos)

Proporus sp., outro membro dos xenacelomorfos (acelomorfos)
Proporus sp., outro membro dos xenacelomorfos (acelomorfos)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Xenacoelomorpha
Philippe et al. 2011[1]
Subfilos

Os Xenacoelomorpha (xenacelomorfos)[2] son un pequeno filo de animais bilaterais invertebrados, que consta de dous gruos irmáns: xenoturbélidos e acelomorfos. Este novo filo foi proposto e nomeado en febreiro de 2011 baseándose en sinapomorfías (características físicas compartidas polos animais do clado) morfolóxicas,[3] o cal foi despois confirmado por análises filoxenómicas de datos moleculares (semellanzas no ADN dos animais do clado).[2][4]

Filoxenética[editar | editar a fonte]

O clado (agrupamento de organismos baseado nos seus antepasados comúns/compartidos mais recentes) Os Xenacoelomorpha agrupan os Acoelomorpha e o xénero Xenoturbella, debido a estudos moleculares.[4] Inicialmente este filo era considerado dentro dos deuteróstomos,[2] (que significa que durante o desenvolvemento embrionario o ano desenvólvese primeiro e despois faino a boca), pero debido a análises recentes do transcriptoma, concluíuse que o filo Xenacoelomorpha é o grupo irmá (dous grupos emparentados máis próximos na árbore filoxenética) dos Nephrozoa, o cal inclúe tanto os protóstomoss (nos que durante o desenvolvemento embrionario a boca se forma primeiro e despois o ano) e os deuteróstomos, polo cal o filo Xenacoelomorpha é o clado de bilaterais máis basal.[5][6] Isto significaría que non son deuteróstomos nin protóstomos.

Porén, algúns estudos sinalan que a súa aparente posición basal pode ser causada por altas taxas de mutación que orixinan unha atracción de ramas longas. Estas análises suxiren que os xenacelomorfos son en realidade un grupo irmán dos Ambulacraria, formando o clado Xenambulacraria e que, malia a súa organización corporal simple, derivan en realidade dun antepasado máis complexo.[7][8] Como hai un gran número de especies dentro deste grupo isto permitiría sacar mellores conclusións e realizar análises dentro do filo e en grupos estreitamente relacionados con el.

Características[editar | editar a fonte]

Este filo consta de pequenas criaturas planas con forma de vermes que se atopan en ambientes naturais acuáticos mariños e de augas salobres, sobre os sedimentos. No filo hai especies que poden ser de vida libre, parasitos e simbióticas. Poden encontrarse a profundidades de case 4 km e preto de chemineas hidrotermais.

O filo é hermafrodita (todos os individuos teñen á vez órganos masculinos e femininos) e reprodúcense sexualmente cun desenvolvemento directo, o que significa que evitan a fase de larva, especialmente vulnerable. Todas as especies dentro do filo dos xenacelomorfos son bilaterais, o que significa que teñen un eixe corporal da parte frontal á posterior central e unha imaxe especular dos lados esquerdo e dereito, igual que os humanos. Aínda que son triblásticos (é dicir, con tres follas xerminais: ectoderma, endoderma e mesoderma). O seu plan corporal é acelomado (carecen de celoma), pois non teñen unha verdadeira cavidade corporal.

Aínda que outros animais que son diblásticos (só teñen dúas follas xerminais: ectoderma e endoderma) tamén carecen de celoma, estes tecnicamente non teñen un plan corporal acelomado porque carecen da folla xerminal do mesoderma. En acelos, a boca abre directamente nun gran sincitio endodérmico, mentres que en nemertodermos e xenoturbélidos hai un tubo dixestivo con forma de saco tapizado de células non ciliadas.[9]

Os seus sistemas nerviosos son basiepidérmicos, localizados xusto debaixo da epiderme, e non teñen cerebro. O sistema nervioso dos xenoturbélidos consiste nunha rede nerviosa simple, sen unha especial concentración de neuronas. En acelomorfos o sistema nervioso está disposto nunha serie de feixes lonxitudinais, unidos na rexión anterior por unha comisura anular de variable complexidade.[10]

Os órganos sensoriais inclúen un estatocisto (para o equilibrio). Algúns grupos teñen dous ocelos (ollos simples) unicelulares.[9][10]

A epiderme de todas as especies dentro do filo é ciliada. Os cilios están compostos por un conxnto de 9 pares de microtúbulos periféricos e un ou dous microtúbulos centrais (padróns 9+1 e 9+2, respectivamente). Os pares 4–7 terminan antes do extremo do cilio, creando unha estrutura chamada "repisa".[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tyler, S.; Schilling, S.; Hooge, M.; Bush, L.F. (2006–2016). "Xenacoelomorpha". Turbellarian taxonomic database. Version 1.7. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2016-02-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Philippe, H.; Brinkmann, H.; Copley, R. R.; Moroz, L. L.; Nakano, H.; Poustka, A. J.; Wallberg, A.; Peterson, K. J.; Telford, M. J. (10 de febreiro de 2011). "Acoelomorph flatworms are deuterostomes related to Xenoturbella". Nature 470 (7333): 255–258. Bibcode:2011Natur.470..255P. PMC 4025995. PMID 21307940. doi:10.1038/nature09676. 
  3. Lundin, K (1998). "The epidermal ciliary rootlets of Xenoturbella bocki (Xenoturbellida) revisited: new support for a possible kinship with the Acoelomorpha (Platyhelminthes)". Zoologica Scripta 27 (3): 263–270. doi:10.1111/j.1463-6409.1998.tb00440.x. 
  4. 4,0 4,1 Hejnol, A.; Obst, M.; Stamatakis, A.; Ott, M.; Rouse, G. W.; Edgecombe, G. D.; et al. (2009). "Assessing the root of bilaterian animals with scalable phylogenomic methods". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 276 (1677): 4261–4270. PMC 2817096. PMID 19759036. doi:10.1098/rspb.2009.0896. 
  5. Perseke, M.; Hankeln, T.; Weich, B.; Fritzsch, G.; Stadler, P.F.; Israelsson, O.; Bernhard, D.; Schlegel, M. (agosto de 2007). "The mitochondrial DNA of Xenoturbella bocki: genomic architecture and phylogenetic analysis" (PDF). Theory Biosci 126 (1): 35–42. PMID 18087755. doi:10.1007/s12064-007-0007-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2023. 
  6. Cannon, J.T.; Vellutini, B.C.; Smith, J.; Ronquist, F.; Jondelius, U.; Hejnol, A. (4 de febreiro de 2016). "Xenacoelomorpha is the sister group to Nephrozoa". Nature 530 (7588): 89–93. Bibcode:2016Natur.530...89C. PMID 26842059. doi:10.1038/nature16520. 
  7. Philippe, Hervé; Poustka, Albert J.; Chiodin, Marta; Hoff, Katharina J.; Dessimoz, Christophe; Tomiczek, Bartlomiej; Schiffer, Philipp H.; Müller, Steven; Domman, Daryl; Horn, Matthias; Kuhl, Heiner; Timmermann, Bernd; Satoh, Noriyuki; Hikosaka-Katayama, Tomoe; Nakano, Hiroaki; Rowe, Matthew L.; Elphick, Maurice R.; Thomas-Chollier, Morgane; Hankeln, Thomas; Mertes, Florian; Wallberg, Andreas; Rast, Jonathan P.; Copley, Richard R.; Martinez, Pedro; Telford, Maximilian J. (2019). "Mitigating Anticipated Effects of Systematic Errors Supports Sister-Group Relationship between Xenacoelomorpha and Ambulacraria". Current Biology 29 (11): 1818–1826.e6. ISSN 0960-9822. PMID 31104936. doi:10.1016/j.cub.2019.04.009. hdl:21.11116/0000-0004-DC4B-1. 
  8. Kapli, Paschalia; Telford, Maximilian J. (11 Dec 2020). "Topology-dependent asymmetry in systematic errors affects phylogenetic placement of Ctenophora and Xenacoelomorpha". Science Advances 6 (10): eabc5162. Bibcode:2020SciA....6.5162K. PMC 7732190. PMID 33310849. doi:10.1126/sciadv.abc5162. 
  9. 9,0 9,1 Achatz, Johannes G.; Chiodin, Marta; Salvenmoser, Willi; Tyler, Seth; Martinez, Pedro (xuño de 2013). "The Acoela: on their kind and kinships, especially with nemertodermatids and xenoturbellids (Bilateria incertae sedis)". Organisms Diversity & Evolution 13 (2): 267–286. ISSN 1439-6092. PMC 3789126. PMID 24098090. doi:10.1007/s13127-012-0112-4. 
  10. 10,0 10,1 Perea-Atienza, E.; Gavilan, B.; Chiodin, M.; Abril, J.F.; Hoff, K.J.; Poustka, A.J.; Martinez, P. (2015). "The nervous system of Xenacoelomorpha: A genomic perspective". Journal of Experimental Biology 218 (4): 618–628. ISSN 0022-0949. PMID 25696825. doi:10.1242/jeb.110379. 
  11. Franzen, Ake; Afzelius, Bjorn A. (xaneiro de 1987). "The ciliated epidermis of Xenoturbella bocki (Platyhelminthes, Xenoturbellida) with some phylogenetic considerations". Zoologica Scripta 16 (1): 9–17. ISSN 0300-3256. doi:10.1111/j.1463-6409.1987.tb00046.x.