Briozoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bryozoa")
Briozoos
Haeckel Bryozoa.jpg

'"Bryozoa", debuxo de Ernst Haeckel'

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Bryozoa
Clases

Os briozoos (do latín bryon "brión" e zoos "animal", tamén chamados ectoproctos (do latín ecto "externo" e proctos "ano"). Algúns destes animais lembran ós brións e antes se lles reunía cos endoproctos no grupo dos Briozoos ou Polizoos, mais, actualmente, estes grupos foron separados ao tratárense de animais con características distintas dende o punto de vista anatómico xa que os endoproctos carecen de celoma.

Son animais triblásticos, deuterostomos, e esquizocelomados, con tentáculos lofoforais retráctiles nunha vaiña tentacular. Carecen de nefridios nin aparato circulatorio.

Estes animais posúen algúns caracteres que os achegan aos protóstomos pero, porén outras características como a orixe do mesodermo ou a natureza do celoma os aproximan máis aos deuteróstomos.

Índice

[editar] Características

O Phylum Briozoo está composto por unhas 4.500 especies vivas e máis de 4.000 especies fósiles atopadas. As súas principais características son:

  1. Caracterízanse por teren un lofóforo empregado na captura de alimento e na respiración.
  2. A cavidade celómica presenta un celoma dividido en tres partes, estando esta separado por un septo nun mesocele e un metacele.
  3. O tubo dixestivo ten forma de U, cunha boca e ano próximos ao lofóforo
  4. Son coloniais, formando masas incrustantes xelatinosas ou duras ou ben arborescentes.
  5. Epístoma e protocele ausentes na maioría das especies.
  6. Cutícula externa, denominada zoecio, xeralmente de carbonato de calcio ou quitina.
  7. Carecen de nefridios e de aparato circulatorio.
  8. Os costumes son case exclusivamente coloniais, tendo unha elevada capacidade de reprodución asexual .
  9. A maioría son exclusivamente mariños, e só algunhas especies son de augas doces.

[editar] Anatomía

A suma dos individuos completos constitúen unha colonia. Un zooide ou zoecio está formado por dous tipos de individuos: unha teca protectora que recibe o nome de cistidio e o encargado da alimentación ou polípido. Trátase, por tanto, de dúas partes dun mesmo animal. O conxunto dos zooides que forman a colonia leva o nome de zoario.

  • O sistema nervioso inclúe un anel nervioso arredor da farinxe ao que está unido un ganglio “cerebroide” que posúe algunhas neuronas periféricas. Carece de órganos dos sentidos especiais aínda que ten células especializadas en captaren estímulos químicos ou táctiles.
  • Carecen de aparato circulatorio e ao teren un tamaño tan pequeno o líquido que hai no céloma chégalles para o seu transporte interno. Ademais as paredes internas do peritoneo están tapizadas por cilios que xeran correntes ciliares no interior do corpo do animal.
  • Carece de órganos excretores, aínda que algúns autores pensan que nos canais bifurcados da base dos tentáculos poderían existir algúns restos de nefridios. As células das paredes do intestino encárganse dalgúns dos produtos da excreción.
  • A musculatura é escasa, sendo os movementos máis habituais os de meter e sacar o lofóforo e mover os tentáculos. Existen músculos que pechan o opérculo e moven o epistoma. Un pequeno grupo de individuos ten un tipo de locomoción especial mediante arrastramento empregando os músculos da parede inferior do corpo.

[editar] Reprodución

O briozoos son dioicos (incluso os membros dunha mesma colonia poden ter sexos diferentes) ou hermafroditas. Teñen os ovarios situados de varias maneiras: unidos ao funículo (prolongación da parede do corpo que ten fibras musculares e atópase suxeitando o cego gástrico) ou unidos a parede do corpo ou ao tubo dixestivo. Os óvulos e espermatozoides forman embrións que ás veces se incuban dentro do celoma e se liberan ao dexenerar o polípido adulto. Poucos individuos poñen os seus ovos directamente no mar.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Briozoo

[editar] Bibliografía

  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 116-117 ISBN 84-368-0316-7

[editar] Ligazóns externas


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas