Gastrotricha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gastrotricos
Gastrotrich.jpg

Gastrotrico

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Platyzoa
Filo: Gastrotricha
Ordes

Os gastrotricos', do filo Gastrotricha (do grego: gaster, estómago; thrix, pelo) chámanse así por ter unha ringleira, ao longo da cara ventral, de cilios vibrátiles, simple ou dobre, que son locomotores. O filo está representado por máis de 450 especies (algúnhas fontes falan de 690) de animais mariños e de auga doce que habitan nos espazos intersticiais dos sedimentos do fondo e dos detritos superficiais e areas de praia. Aliméntanse de materia orgánica, sobre todo de bacterias, fungos e protozoos e serven de comida de anélidos, nematodos e artrópodos.

O filo divídese en dous grupos designados como ordes: os Macrodasyida, mariños, e os Chaetonotida, mariños e de auga doce.

Índice

[editar] Características

Considéranse pseudocelomados, aínda que o seu pseudoceloma se encontre reducido ou ausente. A súa morfoloxía aseméllase á dos rotíferos, pero diferéncianse destes pola ausencia de coroa ciliada e farinxe trituradora e a presenza de púas e espiñas.

[editar] Estrutura externa

Moitos gastrotricos teñen un tamaño microscópico oscilando entre os 50 a 1.000 µm, pero os membros dalgunhas especies poden acadar os 4 mm. O corpo ten aparencia alongada nalgúns casos parecido a un bolígrafo e adoita ser achatado pola parte ventral e arqueado pola dorsal.

[editar] Morfoloxía

Teñen o corpo deprimido e recuberto dunha cutícula que secreta a epiderme. Na zona ventral as células epidérmicas presentan numerosos cilios con función locomotora. Na zona posterior presentan una glándula que secreta una sustancia para adherirse ao substrato.

[editar] Cabeza

Teñen una cabeza anterior que porta os órganos sensoriais, o cerebro e a farinxe, ben como un tronco alongado que alberga o intestino medio e os órganos reprodutivos. Toda a superficie ventral pode ser ciliada, ou os cilios poden dispoñerse en franxas lonxitudinais, fileiras ou remendos transversais ou agruparse en cirros, como os dos ciliados hipotríquios.

[editar] Tronco

Na parte posterior do tronco xeralmente encontramos dous ou mais órganos adhesivos, que teñen unha función de adhesión temporal ao substrato e conteñen sistemas glandulares duplicados, ou sexa, unha glándula viscosa unida a unha glándula de liberación.

[editar] Estrutura interna

A parede corporal está composta dunha cutícula externa, unha epiderme e faixas subxacentes de fibras musculares lonxitudinais e circulares. Os vermes son acelomados. A epiderme pola rexión ventral ciliada pode ser celular, como nos macrodasioideos, ou parcialmente sincitial, como na maioría dos quetonotoideos.

Nalgúns quetonotoideos, as células ciliadas sitúanse en dúas fileiras lonxitudinais. A musculatura pode ser transversal ou oblicuamente estriada, dependendo da especie. A musculatura circular permite a extensión do corpo na maioría das especies de Macrodasyda, que ten unha cutícula branda e flexíbel, mais en moitos chaetonotida encóntrase ausente a musculatura de parede corporal circular, e a cutícula espesa antagónica os músculos lonxitudinais.

O movemento cara a fronte nos gastrotricos resulta do esvaramento ciliar uniforme. A acción muscular é importante nos movementos especializados, tales como as respostas de fuga, a actividade de procura e a cópula. Unha resposta de fuga pode ser unha rápida retirada para atrás da cabeza e do tronco ata unha conexión feita polo órgano adhesivo posterior ou por unha serie de movementos semellante aos dunha lagarta. Durante a cópula, os dous animais usan os músculos para retorcer as súas extremidades posteriores xuntas como se entrelazasen as puntas dos seus dedos indicadores.

A boca terminal ábrese directamente na farinxe, en algúns quetonotoideos, nunha pequena cavidade bucal revestida con cutícula. A parede farínxea componse principalmente de células mioepiteliais que sería un tubo muscular glandular e alongado.

Nos macrodasioideos, a farinxe ábrese primeiro ao exterior a través dun par de poros antes de xuntarse ao intestino medio. Este é un tubo cilíndrico celular que se afía para xuntarse ao ano posterior e ventral. Os gastrotricos aliméntanse de pequenas partículas orgánicas mortas ou vivas (tales como bacterias, diatomáceas e pequenos protozoarios), todas sendo aspiradas cara o interior da boca polo bombear da farinxe muscular.

A dixestión ocorre no intestino medio e é probabelmente unha combinación de procesos extra e intracelulares.

O sistema nervioso ten dous ganglios na parte posterior da farinxe dos que saen dous cordóns nerviosos a todo el corpo. Os gastrotricos teñen un cerebro pequeno e un par de nervios lonxitudinais; aquel está composto por dúas masas ganglionares conectadas dorsal e de xeito ventral, unha en cada lado da parte anterior da farinxe. Cada ganglio lateral orixina un cordón nervioso intraepidérmico que se estende lateralmente ao longo do corpo.

Posúen órganos sensoriais que inclúen as estruturas cerebrais das cerdas ciliares (mecanorreceptores), buracos ciliados, apéndices carnosos (quimiorreceptores) e ocelos ciliares simples (fotorreceptores). Presentan cámaras de aire para mellorar a súa respiración a través da parede do corpo O aparato excretor é protonefridial cun par de protonefridios.

[editar] Reprodución

Pode ser sexuada (hermafroditas secuenciais) ou asexuada (partenoxénese, con ovos resistentes a ambientes desfavorables). Ao contrario dos outros asquelmintos, os gastrotricos son hermafroditas. No Macrodasyda mariño, que se aproxima probabelmente do plano primitivo, existe un par de gónadas hermafroditas, cada cal cun testículo anterior e un ovario posterior. O aparato reprodutor feminino ten 1 ou 2 ovarios unidos a un útero que se continúa nun oviducto ata chegar á vaxina. O poro xenital estaría cerca do ano. O aparato reprodutor masculino, cando existe, está formado por 1 ou 2 testículos unidos por un espermiducto ao gonóporo, na rexión postero-ventral. Algunhas especies presentan un órgano peniforme. O órgano copulador entón funciona como un pene para transferir o esperma ao compañeiro de cópula. O esperma é entón almacenado dentro dun receptáculo seminal. Os ovos internamente fertilizados son liberados do corpo por ruptura.

Todas as especies teñen órganos reprodutivos accesorios complexos. O sistema masculino dos quetonotoideos de auga doce dexenerou tanto que todos os individuos son funcionalmente femias e reprodúcense partenoxeneticamente. Nos quetonotoideos partenoxenéticos de auga doce prodúcense dous tipos de ovos, que se unen ao substrato.

Os gastrotricos novos teñen a maior parte das estruturas adultas ao eclosionar e acadan a madurez sexual en tres días. O crecemento resulta primariamente no alongamento do tronco e na morfoxénese do sistema reprodutivo. O seu ciclo de vida pode variar de 3 a 40 dias.

[editar] Distribución xeográfica

Os gastrotricos observáronse en varios países como: Italia, Noruega, Corea do Sur, Brasil, Israel, Exipto, Australia, USA, Francia, España, Croacia, Reino Unido e outros mais.

[editar] Curiosidades

Algunhas curiosidades importantes:

  • O corpo ten máis de dúas camadas de célula, tecidos e órganos.
  • Posúen un sistema dixestivo completo, boca, farinxe, intestino e ano.
  • Posúen un sistema nervioso e un cerebro.
  • Non posúen un sistema circulatorio (sen sangue).
  • Son hermafroditas diferentes dos outros asquelmintos.
  • Desprázanse de varias maneiras: rastrexamento, saltos, esvaramento ciliar.

[editar] Como recoñecelos

Son animais de difícil identificación a simple vista, pois son microscópicos e o maior pode chegar a 4 mm. Observados ao microscopio electrónico pode identificarse unha parte do seu corpo sendo os patróns ciliares ventrais e os seus órganos adhesivos ou glándulas adhesivas as que dan unha forma diferente a unha das extremidades do corpo.

[editar] Véxase tamén

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Gastrotricha
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Bibliografía

  • Meglitsch, P.A, Zoología de invertebrados, Ed. Pirámide. ISBN.
  • Grassé, P.P, Zoología-1, Ed. Masson. ISBN.

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas