Estrela de David

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Estrela de David.

A Estrela de David (en hebreo: מגן דוד, transl.: Magen David), coñecida tamén como escudo supremo de David, é un símbolo en forma de estrela formada por dous triángulos iguais superpostos, tendo un a punta cara arriba e outro cara abaixo. É utilizado polo xudaísmo e os seus adeptos, alén doutras doutrinas como o Santo Daime. Outro nome dado a este símbolo é "Selo de Salomón".

A palabra magen significa escudo, broquel, defensa, gobernante, home armado e escamas. O substantivo magen, refírese a un obxecto que proporciona cobertura e protección ao corpo durante un combate. No Hinduísmo, cada ángulo representa un deus da trindade: Brahma, Vishnu e Shiva, respectivamente, o Creador, o Preservador e o Destrutor. En Unicode, o seu símbolo é U+2721 (✡).

Orixe do símbolo entre os israelitas[editar | editar a fonte]

O nome do rei David escrito en letras hebraicas.

De acordo coa tradición xudía, este símbolo era deseñado ou encravado sobre os escudos dos guerreiros do exército do rei David. Esta tradición ten orixe no escritura do nome hebraico de David, composto por tres letras do alfabeto hebreo: Dalet, Vav e Dalet. Estes dúas letras Dalet tiñan forma triangular no alfabeto hebraico usado até entón, unha variación do alfabeto fenicio, coñecido como proto-hebraico. Estas dúas letras entón eran encravadas nos escudos dos soldados unha sobreposta a outra, formando unha especie de estrela. A pesar de ser unha explicación plausible, carece de probas históricas ou arqueolóxicas para probala. A forma actual do Escudo de David xa aparecía en diversas culturas do extremo oriente hai miles de anos, e só nos últimos séculos mudou nun símbolo puramente xudaico.

Este símbolo aparecía xa ligado aos xudeus na Idade do Bronce, no século IV a.C., nun selo xudaico achado na cidade de Sidón. Tamén aparece en moitas sinagogas antigas na terra de Israel datadas da época do Segundo Templo e até mesmo nalgunhas despois da súa destrución polos romanos. Non lle era dado, polo menos aparentemente, un significado especial ou místico, senón máis ben ornamental, así como moitas Estrelas de David foron achadas ao lado de Escudos de Salomón (estrelas de cinco puntas ou pentagramas) e, curiosamente, ao lado de esvásticas. Un exemplo é o friso da sinagoga de Cafarnaún (século II ou III da era cristiá) e unha lápida (ano 300 da era cristiá) atopada no sur de Italia. A pesar diso, a Estrela de David non aparece entre os símbolos xudaicos máis importantes do período helenístico.


O testemuño máis antigo deste emblema na literatura xudaica é p amosado no libro do sabio caraíta Yehudah ben Eliahu Hadasi, do século XII, no seu libro Eshkol Hakofer. No capítulo 242, fala de costumes de persoas do pobo que, aos poucos, foron convertendo o símbolo do Escudo de David dun simple selo a un tipo de signo místico ou amuleto: "e os sete anxos na Mezuzá foron escritos - Miguel e Gabriel [...] o Eterno irá gardarche e este símbolo chamado Escudo de David é escrito en tódolos anxos e no final da Mezuzá...". Así, xa naquela época, este símbolo tiña un carácter místico, sendo frecuentemente gravado como unha forma de amuleto protector.

A identificación efectiva da Estrela de David co xudaísmo comezou na Idade Media. En 1354, o rei Carlos IV (Karl IV) concedeu o privilexio á comunidade xudaica de Praga de ter súa propia bandeira. Os xudeus confeccionaron nun fondo vermello, un hexagrama ou a Estrela de David, en ouro. Documentos refírense a este símbolo como a "bandeira do rei David". En Praga, a estrela de seis puntas, sempre chamada de Maguen David, pasou a ser usada tanto en sinagogas, como no selo oficial da comunidade e en libros impresos. No século XIX, difundiuse o símbolo da Estrela de David tamén sobre as cortinas das Arcas Santas das sinagogas.

Xunto con parte dos xudeus devotos, expandiuse a alegación de que a orixe do símbolo da Estrela de David estaba directamente ligada ás flores que adornaban a Menorá, candelabro de sete brazos que formaba parte dos obxectos do Templo de Xerusalén, feitas nunha relevo de lirios de seis pétalos, que facían unha silueta semellante á forma da Estrela de David. Entre os que cren nesta suposta orixe do famoso símbolo, hai unha interpretación de que a Estrela de David foi feita directamente polas mans do propio Deus de Israel.

Influencias[editar | editar a fonte]

Bandeira da Estrela de David Vermella, do estilo do Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.

Existen intérpretes que argumentan que o lirio branco está composto por seis pétalos cun estilo parecido ao da Estrela de David. De feito, esta é a flor coa que era identificado o pobo de Israel no libro bíblico Cantar dos cantares.

Hai pensadores que ven no concepto de "Estrela de David", e nos dous triángulos que a compoñen, unha conexión co elemento masculino (o triángulo coa punta volta para arriba, constituíndo o símbolo masculino) e co elemento feminino (o triángulo volto cara baixo, constituíndo a forma dun receptáculo). Tamén hai os que ven neste símbolo unha relación entre o elemento celestial que aspira para a terra o seu poder (o triángulo coa punta cara baixo), contra o elemento terrestre que aspira cara o ceo súa influencia (o triángulo que apunta cara arriba). Outros pensadores argumentan que a Estrela de David constituída por seis puntas representaría o dominio celestial sobre os catro ventos, sobre o que está encima e sobre o que está en baixo na terra.

De acordo coa Kabbalah (mística xudía), a Estrela de David insinúa a representación das sete emanacións divinas (sefirot) inferiores. Cada triángulo dos seis triángulos que forman os lados da estrela representarían unha emanación e o centro dos triángulos maiores sobrepostos da Estrela de David representarían a emanación denominada Malchut. O filósofo Franz Rosenzweig deu unha outra interpretación moi peculiar á Estrela de David, afirmando que un dos triángulos constituíntes do símbolo sería a representación da base de focos que caracterizan o pensamento do mundo: Deus, o home e o mundo. Obviamente, había filósofos que non crían na existencia de Deus, dun mundo metafísico ou dunha humanidade separada do mundo real, mais aínda estes focos constituían, na súa opinión, a base da filosofía da súa xeración. O outro triángulo representaría a posición do xudaísmo nestes asuntos. Nun nivel ben básico, o xudaísmo se ocuparía na reflexión sobre as relacións que existen entre estes factores, no conmovedor aos tres fundamentos principais do xudaísmo, na opinión de Rosenzweig: a creación (a relación entre Deus e o mundo), a revelación (a relación entre Deus e o home) e a redención (a relación entre o home e o mundo). Os cristiáns utilizan o símbolo como sinal de respecto a Israel, sendo ese o lugar onde eles cren que Xesús volverá.

Usos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Bandeira de Israel.
Estrela de David usada polos nazis.

Durante a Alemaña nazi, os xudeus prisioneiros nos campos de concentración posuían a "estrela dos xudeus" cosida na súa camisa. Dentro da estrela de David, ficaba escrita a palabra "Jude", que en alemán significa "xudeu". O símbolo era usado para facilitar a súa identificación.

Despois do establecemento do Estado de Israel, cando non foi acepta a proposta de Herzl dunha bandeira con sete estrelas e outra idea con sete Escudos de David, o Consello do Estado Provisional aceptou a decisión do comité dunha outra proposta dun símbolo e dunha bandeira, confirmados en 28 de outubro de 1948. E así mudou a estrela de David dun simple símbolo xudeu ornamental a nivel de símbolo supremo do recentemente estabelecido Estado xudeu, sendo parte central da bandeira da nación, tendo por cima e por baixo dela dúas faixas azul celestes. Porén, os cidadáns árabes do novo Estado argumentaron que non se identificaban cunha bandeira que era composta unicamente por símbolos xudaicos. Os participantes do grupo Naturê Karta tamén pararon de usar a Estrela de David despois deste evento, argumentando que este era un símbolo que representaba un Estado sionista.

De maneira semellante a como son representadas organizacións como a Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella, usando símbolos de destaque de súas relixións, a organización israelita de axuda humanitaria e médica, denominada Escudo de David Vermello (en hebreo Maguen David Adom), é representada, como o propio nome xa di, por unha estrela de David vermella como símbolo oficial. Esta organización de socorro médico, porén, non alcanzou aínda un recoñecemento oficial internacional como as súas correspondentes nos países de tradución cristiá ou musulmá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]