Anne Heche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anne Heche
Anne Heche July 14, 2014 (cropped).jpg
Anne Heche o 14 de xullo de 2014.
Nacemento Anne Celeste Heche
25 de maio de 1969 (45 anos)
Aurora, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz, guionista, directora de cine
(1987-presente)
Cónxuxe(s) Ellen DeGeneres (1997–2000)
Coleman Laffoon (2001–2009)
James Tupper (2007–presente)
Fillo(s) 2
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Anne Celeste Heche, nada o 25 de maio de 1969 en Aurora, Ohio, é unha actriz, realizadora, escenógrafa e produtora norteamericana. Acadou gran fama a nivel mundial durante a súa relación coa actriz e presentadora Ellen DeGeneres e a posterior ruptura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anne Heche comezou a súa carreira con 12 anos como corista nun café teatro para contribuír á subsistencia da súa familia. Descuberta por un cazatalentos aos 15 anos, cando participaba nas obras de teatro do seu instituto, rexeitou participar na serie As the world turns para poder seguir axudando á súa familia. Finalmente, con 17 anos e despois de obter o seu diploma, partiu cara Nova York para participar na serie de televisión Another World interpretando ás xemelgas Vicky Hudson Frame e Marley McKinnon. As súas actuacións durante catro anos na serie supuxéronlle a consecución dun Daytime Emmy Award en 1991.

Anne Heche abandonou esta serie en 1991 para comezar a súa carreira cinematográfica. Despois dunha serie de filmes de pouco éxito, destacou en obras como Walking and Talking en 1996 e posteriormente con The Juror (O Xurado) xunto a Demi Moore. Pero foi a actuación como muller de Johnny Deep en Donnie Brasco o que lle valería as louvanzas da crítica. Participou posteriormente en Volcano ao lado de Tommy Lee Jones.

Filmografía como actriz[editar | editar a fonte]

Filmografía como directora[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne Heche Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]