HBO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

HBO (acrónimo de Home Box Office) é unha das cadeas de televisión por cable máis populares de Estados Unidos. Fundada en 1972, conta con 41 millóns de subscritores no país, e internacionalmente está presente en 60 países con 40 millóns de subscritores[1]. Time Warner é a propietaria da cadea, a sede central encóntrase na cidade de Nova York. A súa programación está baseada na estrea de películas de recente exhibición no cine, pelexas de boxeo, amais de filmes e series de produción propia, entre as que destacan The Sopranos, The Wire, Six Feet Under, Sex and the City, True Blood, Band of Brothers, Big Love, Roma, Deadwood, Curb Your Enthusiasme ou The Pacific. A HBO foi a primeira cadea en transmitir con continuidade o sinal vía satélite, comezando o 30 de outubro de 1975 coa emisión do combate de boxeo desde Manila entre Muhammad Ali e Joe Frazier[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]