The Ellen Show

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Ellen Show foi unha exitosa comedia da actriz norteamericana Ellen DeGeneres emitida orixinalmente na canle CBS entre os anos 2001 e 2002 e posteriormente en televisións de todo o mundo.

Esta serie supuxo o retorno á televisión da actriz tras a retirada do seu primeiro traballo de éxito Ellen. A súa personaxe na serie volvía ser unha lesbiana, pero desta vez non constituía o tema central da obra. A serie recibíu boas críticas, pero non tivo o apoio de público, polo que foi retirada ao fin da primeira tempada.