Elasmobranquios
Os elasmobranquios (Elasmobranchii) conforman unha subclase dentro dos peixes cartilaxinosos ou condrictios (clase Chondrichthyes). Comprende, por un lado, a superorde Selacimorfos (os tiburóns) e a superorde Batoideos (as raias).
Índice |
[editar] Descrición
Presentan un esqueleto formado por cartilaxe. A pel está recuberta de escamas placoides (dentículos dérmicos) que lle dan un tacto moi áspero (utilizouse como papel de lixa) ou pode estar núa.
Posúen de 5 a 7 arcos branquiais con cadansúa abertura a cada lado do corpo; as branquias non están protexidas por opérculo. Os dentes son numerosos e dispostos en fieiras. Carecen tamén de vexiga natatoria.
Normalmente, os machos presentan uns órganos copuladores derivados das aletas pélvicas.
[editar] Clasificación
Comprende dúas superordes que se distinguen pola súa forma básica, ben diferente entre si:
- Superorde Batoideos (Batoidea ou Rajimorphii): de corpo basicamente aplanado e coas aberturas branquiais na cara ventral do corpo (hipotremos).
- Orde Rajiformes (raias verdadeiras)
- Orde Myliobatiformes (raias, ouxa, chucho)
- Orde Pristiformes (peixes serra)
- Orde Torpediformes (estrugas)
- Superorde Selacimorfos (Selachimorpha): de corpo xeralmente fusiforme e coas aberturas branquiais nos lados do corpo (pleurotremos).
- Orde Hexanchiformes (tiburóns primitivos)
- Orde Squaliformes (melga)
- Orde Pristiophoriformes (tiburóns serra)
- Orde Squantina (peixe anxo)
- Orde Heterodontiformes (tiburón cornudo)
- Orde Orectolobiformes (tiburón balea)
- Orde Carcharhiniformes (tiburóns)