Heterodontiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heterodontiformes
(Heterodontiformes)
Tiburóns cornudos

Rango fósil: triásico temperán - actualidade [1]
Tiburón de Port Jackson (Heterodontus portusjacksoni)
Tiburón de Port Jackson
(Heterodontus portusjacksoni)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Heterodontiformes
L. S. Berg, 1940
Familia: Heterodontidae
J. E. Gray, 1851
Xénero: Heterodontus
Blainville, 1816
Especies
Véxase texto

Os heterodontiformes (Heterodontiformes) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos,[2] coñecidos vulgarmente na bibliografía como tiburóns cornudos.

A orde inclúe unha soa familia, a dos heterodóntidos (Heterodontidae), cun só xénero actual, Heterodontus, que reúne nove especies.

Características[editar | editar a fonte]

Os heterodontiformes son tiburóns moi primitivos de pequeno tamaño, de tan só 165 cm de lonxitude como máximo. Posúen dúas aletas dorsais, cada unha provista dunha espiña; e presentan aleta anal. Tieñen cinco fendeduras branquiais e os espiráculos son pequenos. Os ollos carecen de membrana nictitante. Os nostrilos están conectados coa boca por un profundo suco. Os dentes anteriores son pequenos e cuspidados, e os posteriores anchos e molariformes (en forma de moa). O morro é moi curto e arredondado.[3]

Historia natural[editar | editar a fonte]

Habitan polo regular entre os 2 e os 150 m de profundidade, en arrecifes, bosques de algas, rochas e cavernas. A maioría son nocturnos, permanecendo pouco activos durante o día. Aliméntanse no fondo. Son agresivos, xa que poden morder se se os agrede. Son ovíparos; os ovos están envolvidos nunha gran funda espiral. Na cópula, o macho morde á femia até que esta o acepta.

Distribución[editar | editar a fonte]

Viven en augas temperadas e cálidas do océano Índico e o oeste do Pacífico. Ausentes no Atlántico.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Os heterodontiformes inclúen unha soa familia, Heterodontidae, con tres xéneros extintos e só un actual:[5]

Especies actuais[editar | editar a fonte]

Os heterodontiformes inclúen nove especies actuales, todas no xénero Heterodontus:[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)". Bulletins of American Paleontology 364: p.560. 2002. http://strata.ummp.lsa.umich.edu/jack/showgenera.php?taxon=575&rank=class. Consultado o 13/11/2012. 
  2. Froese, Ranier e Daniel Pauli, eds. Heterodontiformes. FishBase. Versión de 7 de xaneiro de 2010.
  3. Froese e Pauli, Op. cit.
  4. Froese e Pauli, Op. cit.
  5. Mikko's Phylogeny Archive. Heterodontiformes
  6. Lista de especies de Heterodontidae Froese, R. e D. Pauly. Eds. 2009. FishBase. World Wide Web electronic publication. www.fishbase.org, versión (10/2009).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heterodontiformes Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heterodontiformes

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]