Batoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raia aguia (Aetobatus narinari)

Os batoideos (Batoidea) son unha superorde de peixes cartilaxinosos, da superclase Elasmobranquios (Elasmobranchia). Coñécense baixo os nomes comúns de raias ou mantas, aínda que estes termos designan máis especificamente os batoideos da orde Rajiformes.

Os batoideos están moi emparentados cos tiburóns e, de feito, os batoideos novos son moi parecidos a estes.

Índice

[editar] Características

Cara inferior da cabeza dunha raia. Nótense as cinco aberturas branquiais.

Posúen esqueleto cartilaxinoso e as aberturas branquiais na cara ventral do corpo, baixo as aletas pectorais (polo que se denominan hipotremos ou hipotremados); as devanditas aletas pectorais están moi ensanchadas e únense por diante cos lados da cabeza para formar un ángulo anterior ou bico. Carecen de aleta anal. O corpo é basicamente aplanado.

Os ollos e os espiráculos están situados na cara dorsal; os ollos carecen de membrana nictitante. As mandíbulas poden proxectarse cara adiante na maioría das especies.

[editar] Reproducción

Os ovos dos batoideos, a diferenza dos outros peixes, son fertilizados dentro do corpo da femia. Excepto os da familia Rajidae, incúbanse dentro da femia e as crías nacen vivas (ovovivíparos).

As femias da familia Rajidae poñen ovos fertilizados. Estes son rectangulares, planos e brandos, con catro rabos nas esquinas para suxeitarse ás algas.

[editar] Hábitat

Son animais mariños, cunha distribución cosmopolita en augas tropicais e subtropicais, temperadas ou frías, moitas especies en augas costeiras e algunhas en augas profundas. Só algunhas especies, como as mantas, viven en mar aberto.

Algúns batoideos poden vivir en baías e estuarios lixeiramente salgados.

[editar] Alimentación

A maior parte dos batoideos posúen unha dentadura pesada e roma para romper as cunchas dos moluscos e algúns peixes. As mantas aliméntanse de plancto.

[editar] Clasificación

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Batoideos
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas