Torpediniformes
| Torpediniformes (Torpediniformes) Estrugas Rango fósil: eoceno - actualidade [1] |
|||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Torpedo marmorata |
|||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Familias | |||||||||||||||
Os torpediniformes (Torpediniformes) son unha orde de elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como estrugas,[2] ou raias eléctricas, moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[3]
Existen 69 especies distribuídas en catro familias.[4]
Quizais os membros máis coñecidos son os do xénero Torpedo, polo que os torpedos foron así denominados por estes animais. O nome vén do latín torpere, "agarrotarse", "quedar paralizado", referíndose ao efecto en alguén que manipula ou pisa unha estruga viva.
Índice |
Características [editar]
As estrugas teñen un disco circular pectoral con dúas aletas dorsais en ángulo circular (non rematadas en punta ou en gancho) moderadamente grandes (reducidas nalgúns Narkidae), e unha cola musculosa e robusta cunha aleta caudal ben desenvolvida. O corpo é groso e brando, coa pel suave desprovista de dentículos dérmicos e espiñas. Un par de órganos eléctricos con forma de ril encóntranse na base das aletas pectorais. O fociño é ancho e grande nos Narcinidae, pero reducido en todas as outras familias. A boca, narinas e cinco pares de galadas localízanse debaixo do disco.[3] [5]
Historia natural [editar]
Aliméntanse de plancto ou pequenos invertebrados, polo que os seus dentes son menos afiados que nas especies carnívoras (como os tiburóns).
Notas [editar]
- ↑ FishBase. Torpediniformes (en inglés) Consultada o 7/11/2012.
- ↑ estruga, 2ª acep. no dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
- ↑ FishBase Torpediniformes] (en inglés) Consultada o 7/11/2012.
- ↑ Hamlett, William C. (1999). Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. ISBN 0-8018604-8-2.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- BioLib Torpediniformes (en inglés) consultada o 8/11/2012.