Papel de lixa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lixa.
A lixa, ou papel de lixa é unha folla de papel que ten nunha das súas caras adherido un material abrasivo, composto xeralmente por grans minerais (areas, esmeril) que se utiliza para pulir madeiras, metais, e outros materiais.
A súa granulación varía de 16 a 3000, que se refire ao número de grans de area por centímetro cadrado. Canto maior a granulación, máis fina é.
As lixas mais finas utilízanse normalmente utilizadas para pulimento. Unha lixa 200, por exemplo, é a máis indicada para paredes e madeira.
Numeración [editar]
| Lixa | Especificación/Utilización |
|---|---|
| 20 | Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste. |
| 36 | Extremadamente grosa, con gran capacidade de desbaste para madeiras e outros materiais. |
| 60 | Grosa. |
| 80/100 | Grosa, utilizada para a remoción de oxidacións de metais e para superficies con pinturas de difícil remoción. |
| 120/180 | Media, de utilización en xeral. |
| 220/240 | Media, recomendada para madeiras. |
| 320 | Fina, a primeira lixa para acabados máis finos. |
| 400 | Fina, recomendada para lustrar. |
| 600/1200 | Moi fina, para lustre e pulimento. |
| >1600 | Extremadamente fina, para lustre de xoias. |