Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión.
En 1769, en Francia, Nicolas Cugnot foi o primeiro en usar un motor a vapor para desprazar un vehículo. era un triciclo dunhas 4,5 toneladas, con rodas de madeira e lamias de ferro, o motor estaba montado sobre os cegoñais das rodas dun carro para transportar canóns. O seu prototipo estrelouse e unha segunda máquina quedou destruída en 1771, pero a idea sería retomada e desenvolvida en Inglaterra nos anos seguintes.
O automóbil con motor de combustión interna foi inventado en Alemaña, en 1885, por Karl Benz e Gottlieb Daimler. Foi o americano Henry Ford quen fabricou os primeiros automóbiles en serie. Os primeiros foron os modelos T, fabricados de 1908 a 1927. Venderon máis de 15 millóns de unidades.
Órganos principais en vehículos automóbiles [editar]
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Outros artigos [editar]