Eärendil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eärendil é un personaxe de ficción de J.R.R. Tolkien, unha das figuras máis importantes do seu legendarium. A súa historia explícase n'O Silmarillion e atópanse referencias n'O Señor dos Aneis.

Eärendil naceu e medrou na cidade do seu avó Turgon, Gondolin. Cando tiña sete anos fuxiu do saqueo de Gondolin por Morgoth cos seus pais, refuxiándose nas Gargantas do Sirion, e co tempo converteuse no líder dos refuxiados alí instalados. Casou con Elwing, filla de Dior e neta de Beren e Luthien, tiveron dous fillos en común: Elrond e Elros

Coa axuda de Aixa construíu un navío para navegar polas costas da Terra Media, e os fillos de Fëanor aproveitaron unha desas saídas para atacar a súa xente. Ó saber da noticia, Eärendil decidiu navegar ata Valinor, converténdose no primeiro mortal en chegar ata aló. Eärendil presentouse ante os Valar ofrecéndolles un Silmaril como tributo e suplicoulles que interviñesen na loita dos homes e os elfos en contra de Morgoth. Os valar aceptaron a petición e recompensaron á familia co don de poder decidir a cal das dúas liñaxes querían pertencer, Elwing, Eärendil e Elrond escolleron ser contados como elfos mentres Elros elixiu ser home. Na batalla contra Morgoth, Eärendil destruíu o dragón Ancalagon que caeu sobre o Thangorodrim, causando a destrución de Angband.