A Map of Middle-earth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"A Map of Middle-earth" é o nome de dous pósters a cor de diferentes artistas, publicados en 1965 e 1970 polas editoriais británica e estadounidense da obra de J. R. R. Tolkien O Señor dos Aneis. Ámbolos dous carteis están baseados nos mapas de Tolkien e no traballo do seu fillo Christopher para representar a ficticia Terra Media. Ningún destes mapas abrangue todo o continente da Terra Media; no seu lugar retratan a parte noroccidental do continente, onde ten lugar a historia do Señor dos Aneis. O mapa deseñado por Pauline Baynes foi descrito como "icónico".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kennedy, Maev (3 de maio de 2016). "Tolkien annotated map of Middle-earth acquired by Bodleian library". The Guardian. Consultado o 28 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]