Ainur
No legendarium de J.R.R. Tolkien, os Ainur (Os Sagrados en quenya, singular: Ainu) son espíritos anxelicais, representantes directos do deus Eru Ilúvatar. Foron a súa primeira creación. A pesar de que a maioría deles moran con Ilúvatar, algúns deles descenderon a Eä (os Valar e os Maiar) para rematar de formar o mundo durante a creación de Arda.
O máis poderoso deles, Melkor, baixou a Eä querendo facerse coa Chama Imperecedoira e así ser considerado Señor e Creador. Corrompeu a outros Ainur para a súa causa (como Sauron ou os Balrogs). Por envexa ós outros Valar, que facían todo para agradar a Eru, estragaban a obra dos seus semellantes. Aínda que isto último podería ser en realidade parte da propia canción ideada por Eru como el mesmo apunta n'O Silmarillion cando Melkor tenta esnaquizar A Canción coa súa discordancia:
Véxase tamén[editar]
|
|||||||||||||||||