The Notion Club Papers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Notion Club Papers é unha novela abandonada por J. R. R. Tolkien, escrita durante 1945 e publicada postumamente en Sauron Defeated, o noveno volume da colección The History of Middle-earth. É unha historia de viaxe no tempo, escrita mentres se estaba a desenvolver O Señor dos Aneis. O Notion Club é unha versión ficticia (e un xogo de palabras) do propio club de Tolkien, the Inklings.

Malia que nunca foi rematado, o texto de The Notion Club Papers está presente en 120 páxinas de Sauron Defeated. Na historia están incorporadas as versións de Tolkien das lendas europeas: King Sheave e The Death of St. Brendan, un poema de tres páxinas titulado 'Imram'. Sauron Defeated inclúe unhas 40 páxinas cos comentarios e apuntamentos de Christopher Tolkien sobre The Notion Club Papers, e reproduce exemplos das páxinas escritas a man polo seu pai.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]