Dromaeosauridae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dromaeosauridae
Rango fósil: Xurásico medio - Cretácico superior
Deinonico.
Deinonico.
Estado de conservación
Fósil
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Infraorde: Coelurosauria
(sen clasif.): Deinonychosauria
Familia: Dromaeosauridae
Matthew & Brown, 1922
Xéneros

Ver o texto.

Dromaeosauridae (gr. "lagartos corredores") é unha familia de dinosauros terópodos manirráptores, distinguida por carnívoros emplumados de pequenas a medianas proporcións, cuxas liñaxes iniciaron a partir do Xurásico Medio (fai 167 millóns de anos, no Batoniano)[1] para lograr subsistir até o Cretácico Superior (fai 65,5 millóns de anos, no Maastrichtiano), existindo aproximadamente 100 millóns de anos. Os dromeosáuridos constan de fósiles achados en Norteamérica, Europa, África Setentrional, Xapón, China, Mongolia, Madagascar, Arxentina e a Antártida.

O nome provén do grego δρομευς (dromeus) e σαυρος (sauros) que teñen como significado "corredor" e "lagarto" respectivamente. De maneira informal adoitan chamarse "ráptores" (a causa o Velociraptor), termo popularizado tralo filme Parque Xurásico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Metcalf, S.J., Vaughan, R.F., Benton, M.J., Cole, J., Simms, M.J. and Dartnall, D.L. (1992). "A new Bathonian (Middle Jurassic) microvertebrate site, within the Chipping Norton Limestone Formation at Hornsleaslow Quarry, Gloucestershire". Proceedings of the Geologists? Association 103: 321?342.