Microraptor
| Microraptor Rango fósil: Cretácico inferior |
|||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||
| Fósil | |||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Especies | |||||||||||||||||||
Microraptor (gr. "pequena rapaz") é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos, que viviron a principios do período Cretácico, fai aproximadamente 130 e 125 millóns de anos, no Barremiano, no que hoxe é Asia.
Como Archaeopteryx, Microraptor prové importante información das relacións evolutivas entre aves e dinosauros. Microraptor posúe longas plumas pennáceas que forman superficies de sustentación en patas, brazos e cola. Xu (2003) descríbeo como un "dinosauro de catro ás", e especula que puido usar os catro membros para fornecerse elevación. Dúas especies foron nomeadas, M. zhaoianus e M. gui. Suxeriuse recentemente que todos os especimes pertencen a unha soa especie, que se chamaría M. zhaoianus. Cryptovolans, outro dromeosáurido de catro ás, pode tamén ser unha especie de Microraptor.[1]
Notas [editar]
- ↑ Senter, P., Barsold, R., Britt, B.B., and Burnham, D.A. (2004). "Systematics and evolution of Dromaeosauridae (Dinosauria, Theropoda)." Bulletin of the Gunma Museum of Natural History, 8: 1-20.