Deinonychus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deinonychus
Rango fósil: Cretácico inferior
Deinonychus BW.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Archosauria
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Familia: Dromaeosauridae
Subfamilia: Velociraptorinae
Xénero: Deinonychus
Especie: D. antirrhopus
Nome binomial
Deinonychus antirrhopus
Ostrom, 1969

Deinonychus (gr. "garra terrible") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro terópodo dromeosáurido, que viviu a mediados do período Cretácico, fai aproximadamente 119 e 97 millóns de anos, entre o Aptiano e o Albiano, no que hoxe é Norteamérica. Deinonychus era un corredor moi áxil e veloz, calidades que se vían favorecidas pola súa cola longa e ríxida, sempre levantada, que lle axudaba a manter o equilibrio durante a carreira. Aínda que estaba estreitamente emparentado co Velociraptor de Mongolia, diferénciase facilmente a primeira ollada polo seu morro máis curto, constitución máis robusta e maior tamaño. Alcanzaba lonxitudes de entre 2,5 e 3,5 metros e un peso de 50 a 70 quilogramos.