Velociraptor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Velociraptor
Rango fósil: Cretácico
Recreación del esqueleto de Velociraptor mongoliensis
Recreación del esqueleto de Velociraptor mongoliensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Familia: Dromaeosauridae
Xénero: Velociraptor''
Osborn, 1924
Especies

Velociraptor (lat. "ladrón veloz"), é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos que viviron durante o Campaniano, cara a finais do período Cretácico, hai uns 70 a 65 millóns de anos. Aínda que hai só unha especie recoñecida, V. mongoliensis, outras foron nomeadas no pasado. Acháronse fósiles desta especie en Asia Central, en Mongolia e China.

Aínda que máis pequeno que outros dromeosáuridos tiña moitos trazos anatómicos similares a eles. Foi un carnívoro bípede, cunha cola longa e ríxida, e tres garras, unha alargada e curva en cada pata, a cal usaba para matar ás súas presas. A diferenza doutros posuía un cranio baixo e alargado, e un fociño chato, dirixido cara arriba. Posuía patas traseiras de gran lonxitude, o que expresa (do mesmo xeito que o nome) a súa aparente gran velocidade.

Debido á súa destacada aparición na novela de Michael Crichton Parque Xurásico, o Velociraptor (comunmente alcumado "raptor") é un dos xéneros de dinosauros máis coñecidos polo público xeral. Tamén é ben coñecido polos paleontólogos, con non menos dunha ducia de esqueletos fósiles recobrados, a maior cantidade descuberta dun dromeosáurido. Unha imaxe particularmente famosa é a que mostra un Velociraptor enleado nunha batalla cun Protoceratops.