Doutores honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Universidade Pompeu Fabra, creada o 18 de xuño de 1990, é unha universidade pública radicada en Barcelona. Ten nomeado como doutores honoris causa ás seguintes persoas, até novembro de 2023:

Curso Imaxe Nome País Mérito
1999-2000
Desmond Tutu[1] Sudáfrica Suráfrica "En recoñecemento á súa persoa e á súa militancia na defensa dos valores que se cruzan co respecto aos dereitos humanos, a xustiza, a tolerancia, a igualdade e a liberdade das persoas independentemente da súa condición, raza e relixión"[2]
2001-2002 Miquel Batllori[3] España España "Polos seus numerosos e excelentes traballos de investigación sobre a historia de Cataluña, que contribuíron a proxectar a cultura catalá e situala no contexto da historia universal"[2]
2006-2007
Woody Allen[4] Estados Unidos de América Estados Unidos "É unha das figuras clave non só do cine, senón do conxunto da cultura contemporánea"[2]
2007-2008
Robert M. Solow[5] Estados Unidos de América Estados Unidos "Polas súas decisivas contribucións en diversas áreas da ciencia económica, que constituíron un punto de partida para a teoría económica moderna do crecemento"[2]
2009-2010
Michelle Bachelet[6] Chile "Por ter promovido políticas de reparación e reconciliación históricas e de mellora dos niveis de xustiza social, con especial atención á poboación feminina"[2]
Alois Maria Haas[7] Suíza Suíza "Pola súa traxectoria académica no ámbito da teoloxía e da historia das relixións e da mística, e polo extraordinario mérito social e cultural que supuxo a doazón á UPF da súa biblioteca privada, composta por preto de 40.000 volumes, de gran valor bibliográfico"[2]
2010-2011
Joan Manuel Serrat[8] España España “Pola dignidade e forza da palabra e polo valor expresivo das súas cancións orixinais, pola difusión da obra dalgúns dos mellores poetas do século XX, pola defensa cívica e política da lingua e da cultura catalás durante o franquismo e por ter contribuído, a través da súa música, á difusión do catalán polo mundo"[2]
Jordi Nadal[9] España España "Por ser un dos referentes da historiografía española nas últimas décadas, e polo indiscutible dominio que exerceu na formación de varias xeracións de historiadores e economistas"[2]
2011-2012 Eugenio Bulygin[10] Rusia Rusia “Polo feito de que atesoura unha brillante e ampla traxectoria docente e investigadora nas áreas de Filosofía do Dereito, Moral e Política, e exerceu un dominio indiscutible e rendible na formación de varias xeracións de filósofos do dereito tanto en América Latina como en Europa"[2]
Ernesto Garzón Valdés[10] Arxentina “Polo feito de que atesoura unha brillante e ampla traxectoria docente e investigadora nas áreas de Filosofía do Dereito, Moral e Política, e exerceu un dominio indiscutible e rendible na formación de varias xeracións de filósofos do dereito tanto en América Latina como en Europa"[2]
William Labov[11] Estados Unidos de América Estados Unidos "Pola súa brillante traxectoria docente e investigadora e por ser un dos máximos referentes no ámbito da lingüística, fundador da sociolingüística variacionista ou cuantitativa"[2]
2012-2013
Miquel Barceló[12] España España “Pola súa impresionante contribución á pintura e á escultura contemporáneas, manifestada nunha traxectoria que conxuga o arraigo na terra cunha inmensa capacidade para converterse nun artista global, e que se expresa nunha obra singular na que amosa as aspiracións, as inquedanzas, o a alegría e a tristeza dos seres humanos de hoxe"[2]
2013-2014
Sydney Brenner[13] Sudáfrica Suráfrica "Pola súa brillante traxectoria docente e investigadora en bioloxía molecular e que o converteu nun dos principais referentes mundiais neste campo do coñecemento"[2]
2016-2017
Frederick Wiseman[14] Estados Unidos de América Estados Unidos “En recoñecemento á súa valente traxectoria, en relación cos estudos cinematográficos, e a un traballo que contribuíu a ampliar os coñecementos cinematográficos e sociolóxicos cun alto compromiso co progreso e coas institucións que regulan a nosa sociedade”[2]
2017-2018
Dorcas Muthoni[15] Quenia Kenya "En recoñecemento á súa traxectoria emprendedora no ámbito das TIC no continente africano, o seu importante traballo na promoción dos estudos de enxeñería entre as mulleres novas de África e o seu compromiso social para romper os círculos viciosos da pobreza"[2]
2018-2019
Maria João Pires[16] Portugal Portugal “En recoñecemento á excelencia artística, pola súa contribución ao mundo da música como unha das pianistas e intérpretes de música clásica máis destacadas das últimas décadas, e especialmente pola súa contribución a unha forma de pedagoxía musical máis integral, fortemente arraigada nos valores, e con obxectivos de integración social de persoas desfavorecidas"[2]
2019-2020 Gonzalo Pontón[17] España España “Ser un referente na difusión do pensamento histórico, político, humanístico, literario e científico de máxima categoría intelectual, a través do seu labor como editor e historiador”[2]
2020-2021
Angela Davis[18] Estados Unidos de América Estados Unidos "Pola súa ampla traxectoria académica e intelectual, con valiosas análises sobre a interrelación entre xénero, raza e clase social, así como a súa activa militancia na defensa dos dereitos civís, a xustiza, a igualdade e a liberdade das persoas"[2]
2021-2022
Christiane Nüsslein-Volhard[19] Alemaña Alemaña "En recoñecemento á súa excepcional traxectoria investigadora que permitiu identificar os xenes que regulan o desenvolvemento dos organismos vivos e descubrir os principios xerais do desenvolvemento embrionario. Tamén é un exemplo de honestidade e compromiso da investigación científica coa sociedade".[2]
2022- 2023
Raewyn Connell[20] Australia Australia “A Universidade quere recoñecer os seus estudos e as súas investigacións sobre a construción de xerarquías e masculinidades de clase e xénero. É un referente significativo na loita pola xustiza, a igualdade e a paz e contra a violencia de xénero. Ademais, a súa distinción contribúe, como muller trans, a promover a paridade na acción institucional e a aumentar a diversidade nos perfís dos premiados”[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Reverend Arquebisbe Desmond Tutu, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 16 de febreiro de 2000. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 "Relació de doctors honoris causa per la Universitat Pompeu Fabra". upf.edu (en catalán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  3. "Miquel Batllori, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 23 de maio de 2002. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  4. "Woody Allen, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 14 de xuño de 2007. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  5. "Robert M. Solow, doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 29 de febreiro de 2008. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  6. "La UPF atorga el doctorat honoris causa a Michelle Bachelet". upf.edu (en catalán). 22 de maio de 2005. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  7. "Alois M. Haas, investit doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 30 de novembro de 2009. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  8. "Joan Manuel Serrat ha rebut avui el doctorat honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 13 de xuño de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  9. "La UPF atorga el doctorat honoris causa a Jordi Nadal". upf.edu (en catalán). 1 de xaneiro de 2010. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  10. 10,0 10,1 "Eugenio Bulygin i Ernesto Garzón Valdés, investits doctors honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 20 de outubro de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  11. "La UPF nomena el lingüista William Labov doctor honoris causa". upf.edu (en catalán). 14 de novembro de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  12. "Miquel Barceló, investit doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 28 de novembro de 2012. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  13. "Sydney Brenner captiva la UPF en la seva investidura com a doctor honoris causa". upf.edu (en catalán). 3 de abril de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  14. "El documentalista Frederick Wiseman, doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 3 de maio de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  15. "Dorcas Muthoni, enginyera i emprenedora kenyana, doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 10 de decembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  16. ""Qui s'expressa a través de l'art és més creatiu, més crític, més lliure"". upf.edu (en catalán). 22 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  17. ""He construït el meu mosaic editorial amb les millors tessel·les del coneixement que he pogut aplegar"". upf.edu (en catalán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  18. ""El gènere no es pot separar de la raça i la classe, hem d'abordar les causes sistèmiques de l'explotació”". upf.edu (en catalán). 10 de marzo de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  19. "Christiane Nüsslein-Volhard, Premi Nobel en Fisiologia o Medicina, investida doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 12 de xullo de 2022. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  20. "Raewyn Connell, sociòloga australiana, experta en masculinitats, serà investida doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en castelán). 31 de marzo de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]