Dorayaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Dorayaki
Interior dun Dorayaki partido pola metade

Dorayaki, en xaponés どら焼き, どらやき, 銅鑼焼き, ドラ焼き, é un tipo de doce xaponés que consiste de dous pequenos produtos semellante ás filloas, feitos de kasutera e envoltos cun recheo de anko (pasta de feixón doce azuki).

Receita e características[editar | editar a fonte]

Orixinalmente só tiña unha capa, e a forma actual foi inventada no 1914 por Ueno Usagiya.

En xaponés, dora significa "gong", e este probablemente é a orixe do nome. Normalmente adoitan ser de pasta de feixón doce pero tamén poden ser de castaña. Prefírese comer xunto cunha bebida porque son secos; o complemento máis usado é o te.

O dorayaki é un dos doces ou pasteis típicos en Xapón. Na serie manga Doraemon aparece como a comida favorita de Doraemon. Na serie Anpanman hai un personaxe con cabeza de dorayaki que se chama Dorayakiman.

Entre os distintos tipos de bollycao encóntrase o "Bollycao Dokyo", que é unha imitación do Dorayaki.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]