Doina Melinte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Os Ánxeles 1984 800 m
Prata Os Ánxeles 1984 1500 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Bronce Roma 1987 1.500 m
Campionato de Europa
Bronce Stuttgart 1986 1.500 m

Doina Ofelia Melinte, nado en Hudesti o 27 de decembro de 1956, é unha atleta romanesa especialista en probas de media distancia que foi campioa olímpica de 800 metros e medalla de prata en 1500 metros nos Xogos dos Ánxeles 1984.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro éxito internacional chegou en 1981, ao proclamarse campioa de 800 m e subcampioa de 1.500 m na Universíada de Bucarest. En 1982 gañou o ouro nos 800 m dos Campionatos de Europa Indoor de Milán. Ese ano liderou ademais o ranking mundial dos 800 m con 1:55,05 feitos en Bucarest, que sería ademais a mellor marca da súa vida nesta proba. Con todo decepcionou na competición máis importante do ano, os Campionatos de Europa de Atenas, onde só foi 6ª.

O maior éxito da súa carreira deportiva conseguiuno nos Xogos dos Ánxeles 1984, onde gañou a medalla de ouro nos 800 m por diante da estadounidense Kim Gallagher e da tamén romanesa Fita Lovin, e tamén a medalla de prata nos 1.500 m, por detrás da italiana Gabriella Dorio.

Convén dicir que Melinte beneficiouse moito da ausencia a causa do boicot das soviéticas, que por esa época dominaban os rankings mundiais do mediofondo, con corredoras como Nadezhda Olizarenko, Irina Podyalovskaya ou Nadezhda Ralldugina.

Tras a súa vitoria olímpica, continuou sendo durante varios anos unha das mellores mediofondistas do mundo, dedicada sobre todo aos 1.500 metros, unha distancia na que foi dúas veces campioa do mundo en pista cuberta (1987 e 1989) e tres veces campioa de Europa (1985, 1988 e 1990). A isto súmase outro título europeo de 800 metros en 1989.

En canto ás súas actuacións ao aire libre, os seus maiores éxitos foron o bronce dos 1.500 metros nos Campionatos de Europa de Stuttgart 1986 e nos Campionatos do Mundo de Roma 1987. En cambio decepcionou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, onde tras gañar a súa semifinal de 1.500 m, só puido acabar 9ª na final.

O 9 de febreiro de 1990 conseguiu en East Rutherford, Nova Jersey, unha nova marca mundial dos 1.500 metros en pista cuberta con 4:00,27 e tamén da milla na mesma carreira, con 4:17,14. Este último aínda continua vixente.

Retirouse do atletismo en 1992. Na actualidade, ocupa o 6º lugar no ranking mundial de todos os tempos nos 800 metros con 1:55,05 que ademais segue sendo a marca nacional de Romanía.

Resultados[editar | editar a fonte]

Ano Competición Lugar Posto Marca
1982 Campionato de Europa Indoor Milán 1ª en 800 m 2:00,39
1982 Campionato de Europa Atenas 6ª en 800 m 1:59,65
1983 Campionato de Europa Indoor Budapest 4ª en 800 m 2:02,70
1983 Campionato do Mundo Helsinki 6ª en 800 m
6ª en 1.500 m
2:00,13
4:04,42
1984 Campionato de Europa Indoor Gotemburgo 2ª en 800 m 1:59,81
1984 Xogos Olímpicos de 1984 Os Ánxeles 1ª en 800 m

2ª en 1.500 m

1:57,60

4:03,76

1985 Campionato de Europa Indoor Pireo 1ª en 1.500 m 4:02,54
1985 Copa do Mundo Canberra 3ª en 1.500 m 4:19,66
1986 Campionato de Europa Stuttgart 3ª en 1.500 m 4:02,44
1987 Campionato do Mundo Indoor Indianápolis 1ª en 1.500 m 4:05,68
1987 Campionato do Mundo Roma 3ª en 1.500 m 3:59,27
1988 Campionato de Europa Indoor Budapest 1ª en 1.500 m 4:05,77
1988 Xogos Olímpicos Seúl 9ª en 1.500 m 4:02,89
1989 Campionato de Europa Indoor A Haia 1ª en 800 m 1:59,89
1989 Campionato do Mundo Indoor Budapest 1ª en 1.500 m 4:04,79
1989 Copa do Mundo Barcelona 3ª en 800 m 1:56,55
1990 Campionato de Europa Indoor Glasgow 1ª en 1.500 m 4:09,73
1990 Campionato de Europa Split 6ª en 1.500 m 4:10,91
1991 Campionato do Mundo Indoor Sevilla 4ª en 1.500 m 4:06,65
1991 Campionato do Mundo Tokio 4ª en 1.500 m 4:03,19
1992 Campionato de Europa Indoor Xénova 3ª en 1.500 m 4:06,90
1992 Xogos Olímpicos Barcelona 7ª sf en 1.500 m 4:04,42

Marcas persoais[editar | editar a fonte]

  • 800 metros - 1:55,05 (Bucarest, 1 de agosto 1982)
  • 1.500 metros - 3:56,7 (Bucarest, 12 de xullo 1986)
  • 3.000 metros - 8:37,11 (Bucarest, 15 de xuño 1986)