Deus Sol
Un deus solar representa o Sol ou aspectos deste, como por exemplo as raiolas. Na mitoloxía de moitas culturas o Sol era un deus; foi venerado ao longo da Historia en moitas civilizacións, como a exipcia, a incaica, a chinesa, a grega ou en relixións como a hinduista. Considérase que o culto ao Sol puido ser a orixe do henoteísmo e, despois, do monoteísmo.
Índice |
[editar] Barca solar
Unha barca solar ou bote solar é unha representación mitolóxica do sol conducindo unha barca.
- No Neolítico os petróglifos amosan, nalgúns casos, posibles barcas solares.
- Os petróglifos nórdicos da idade do bronce inclúen barcas en diferentes constelacións.
- O barco de Xufu (Keops) de 43,6 metros de longo, foi atopado no complexo da Gran Pirámide de Guiza e calcúlase que foi construído cara ao 2500 a. C., exemplo da importancia e simbolismo da barca solar para o paso ao outro mundo.
- Moitos deuses exipcios son considerados deuses solares, como Ra (mitoloxía) e Horus, que son mostrados conducindo unha barca solar.
- O Disco celeste de Nebra tamén podería mostrar unha barca solar.[1]
[editar] Carro solar
O carro solar é outra representación mitológica, como a barca solar, pero algo máis recente xa que se estima que a súa orixe corresponde á expansión indo-europea, despois da invención do carro, no segundo milenio adC.
- O Carro Solar de Trundholm, dun deus nórdico.
- En Grecia, Helios conduce un carro[2] e tamén Faetón.[3]
- O Sol Invictus foi representado nun cuádriga no reverso dunha moeda de Romana.[4]
- Elías, ascende ao ceo nun carro de lume[5]
- Surya é un deus védico que representa ao Sol no panteón hindú e é mostrado conducindo un carro con sete cabalos.
[editar] Deuses solares por Culturas
[editar] Exipto
En Exipto, o culto ao Sol prevaleceu durante séculos e asociouse o seu poder a moitos deuses, como Horus, Ra, Uadyet, Sejmet, Hathor, Nut, Bast, Bat, e Menhit. A partir da quinta dinastía os deuses locais fúndense con Ra para crear divindades sincréticas: Atum-Ra, Min-Ra ou Amón-Ra.
Durante a dinastía XVIII, o faraón Akenatón cambiou, temporalmente, o politeísmo que se practicaba en Exipto, proclamando un monoteísmo ao redor de Atón, representado polo disco solar, posiblemente para contrarrestar a gran influencia de clero de Amón.
[editar] Outras culturas
- Na antiga Grecia considerábase que era o deus Helios.
- No panteón relixioso mexica, o Sol era considerado unha deidad moi importante e debido ás súas crenzas, adoitábanse facer sacrificios humanos, para entregar o seu "sopro divino" ao sol Tonatiuh e mantelo vivo.
- A cultura inca, asentada no que hoxe é o Perú, Bolivia, parte de Chile, Arxentina e Ecuador tiña como deidad ao Divos Sol chamado Inti. O Inca ou emperador, era considerado fillo de Inti. Considerado polas dinastías incaicas como o Sumo Hacedor. Coa chegada dos españois, e a relixión católica no século XVI, os súbditos do imperio inca deixaron de adoralo. A esposa de Inti, Quilla, era a Lúa, deusa da muller e dos quefaceres femininos.
- A cultura azteca, asentada o o actual México tiña dous deuses soles. Un era o Sol Vermello, ou Tetzcalipoca Vermello e tamén estaba o Sol Branco.
- No Perú, chamáballos Deus do Sol aos xefes dos Incas que, segundo eles, eran o Sol e dise na lenda de Manco Cápac e Mama Ocllo que eles foron enviados polo seu pai o Sol.
- Na simboloxía cristiá identifícase a Cristo con Helios e ao círculo coa eternidade.
- O Sol e a Lúa simbolizan o ouro e a prata, rei e raíña, alma e corpo.
- O Sol e a Lúa na crucifixión simbolizan as dúas naturezas de Cristo.
- O Sol é a morada do arcanxo Miguel. A lúa é a morada do arcanxo Gabriel.
- O Sol é o Pai Universal. A Terra simboliza a Nai Natureza e a fecundidade.
[editar] Notas
- ↑ Disco de Nebra
- ↑ Helios, theoi.com
- ↑ Helios & Phaethon, thanasis.com
- ↑ Moeda
- ↑ Biblia, Reyes 2:1-17