Unida (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unida
Orixe Estados Unidos, Flag of the United States.svg
Período 1998 - 2003
Xénero(s) stoner rock
Selo(s) discográfico(s) Man's Ruin Records, MeteorCity, High Times
Membros John Garcia
Arthur Seay
Mike Cancino
Dave Dinsmore


Unida foi unha banda de stoner rock formada por John Garcia despois da disolución de Kyuss, pioneiros do xénero, e da súa curta aventura con Slo Burn. Formaron parte da banda Arthur Seay (guitarra), Mike Cancino (batería) e Dave Dinsmore (baixo), este último substituído posteriormente polo excompañeiro e baixista en Kyuss Scott Reeder.

En 1999, Unida aparece nun CD compartido coa banda sueca Dozer. A parte de Unida nese disco foi titulada The Best of Wayne-Gro EP. Posteriormente, nese mesmo ano, editaron o seu álbum de debut titulado Coping with the Urban Coyote a través do agora desaparecido selo Man's Ruin Records.

As relacións coa súa seguinta compañía, American Records, remataron por problemas legais, e o seu segundo álbum, previsto para o 2001, non chegou a ser editado.

Dende entón, John Garcia lanzou doun álbums coa banda Hermano, e no 2004, Unida apareceu nun recompilatorio do selo High Times Records, titulado High Times Records' High Volume: The Stoner Rock Collection, contribuíndo co tema "Left Us To Mold".

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Unida/Dozer - EP compartido 1999
  • Rise 13: Magick Rock, Vol. 1 - co tema "Black Woman" 1999
  • Coping with the Urban Coyote - 1999 (Man's Ruin Records)
  • High Volume: The Stoner Rock Collection - co tema "Left Us To Mold" 2004
  • The Great Divide - (álbum non editado que se liberou en internet)