Rock psicodélico
| Rock psicodélico | |
|---|---|
| Orixes do estilo: | British Rock, folk, blues, folk-rock, garage rock |
| Orixes culturais: | ao redor de 1964 nos Estados Unidos |
| Instrumentos típicos: | guitarra eléctrica (normalmente con efectos coma fuzz, phaser, flanger, reverb etc.), baixo, batería, órgano electrónico, sitar, sintetizador Moog, theremin, efectos de son de estudo |
| Popularidade: | chegou ao seu máximo a finais dos anos 60 |
O rock psicodélico é un estilo de rock que intenta evocar a experiencia psicodélica usualmente asociada co uso de substancias psicodélicas como o cánnabis, a mescalina ou o LSD, aínda que non necesariamente implica o uso de drogas. Dentro da historia do rock, o rock psicodelico é unha ponte desde o rock blues face o rock progresivo e o heavy metal, así como tamén as fusións do rock con xéneros como o jazz ou xéneros musicais do mundo, moi especialmente a música da India polo seu toque místico. Na metade da década dos sesenta nace o rock psicodélico cos experimentos de bandas como The Doors, The Beatles, The Who, The Byrds, Pink Floyd e The Beach Boys para despois influenciar moitas bandas ao redor do mundo que se inspirarían nos modelos sobre todo californianos e británicos de rock psicodélico. En décadas posteriores aparecerian diversas bandas cunha forte influencia psicodélica entre as que destacan grupos tan variados como Hawkwind, XTC, Spacemen 3 o Animal Collective.