Fu Manchu (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fu Manchu
Fu Manchu, 2019
OrixeCondado de Orange (California), Estados Unidos
Período1987 - presente
Xénero(s)stoner rock
Selo(s) discográfico(s)DRT, Liquor and Poker Music, Mammoth Records, Bong Load, Man's Ruin, Slap-a-Ham
MembrosScott Hill
Bob Balch
Scott Reeder
Brad Davis
Antigos membrosBrant Bjork
Eddie Glass
Mark Abshire
Ruben Romano
Scott Votaw
Greg McCaughey
Artistas relacionadosKyuss, Nebula, Beefsore, Sun and Sail Club
Na rede
http://www.fu-manchu.com
Facebook: FuManchuBand Twitter: fumanchuband Instagram: fumanchuband MySpace: fumanchu Bandcamp: fumanchuband Spotify: 1TKaUU8ooBgSW9TlyKsw6k iTunes: 3295575 Last fm: Fu+Manchu Musicbrainz: f96de591-5dae-41da-855b-eb387d88d7d4 Songkick: 109470 Discogs: 64758 Allmusic: mn0000988529 Deezer: 2874 Editar o valor em Wikidata

Fu Manchu é unha banda estadounidense de stoner rock procedente do condado de Orange (California), e que editou o seu traballo de debut, o sinxelo "Kept Between Trees", en 1990.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fu Manchu formouse orixinalmente en 1987 como unha banda de hardcore punk chamada Virulence. As súas principais influencias foron as bandas Black Flag e Bl'ast. A formación estaba composta polo vocalista Ken Pucci, o guitarrista Scott Hill, o baixista Greg McCaughey e o batería Ruben Romano. En 1989 editaron o seu álbum de debut If This Isn't a Dream... a través de Alchemy Records. En 1990, Pucci deixou a banda e foi substituído polo vocalista Glen Chivens e eles cambiaron o nome para Fu Manchu. Pouco despois editaron o sinxelo "Kept Between Trees" pola Slap A Ham Records. Nesta gravación, Fu Manchu aínda amosaba moito do son hardcore da formación anterior. Porén, a banda comezou a facer un estilo semellante ao hard rock dos 70. McCaughey non estaba contento con isto, ao consideralo que seguían unha tendencia, xa que nese momento o selo Sub Pop estaba na cima do éxito do underground, e moitas das súas bandas eran coñecidas por ter un son semellante ao rock dos 70. McCaughey deixou a banda e foi substituído por Mark Abshire. Chivens tamén abandonou Fu Manchu por ese tempo por razóns descoñecidas. En vez de incorporar un novo vocalista, Scott Hill asumiu ese papel mentres continuaba cos seus labores de guitarrista. Para compensar, Scott Votaw foi recrutado para tocar a guitarra. En 1992, Fu Manchu editou tres sinxelos: "Senioritis", "Pick Up Summer", e "Don't Bother Knockin' (If This Vans Rockin')". En 1993, Votaw deixou a banda sendo substituída polo antigo batería de Olivelawn Eddie Glass, que na actualidade toca coa banda Nebula.

Co éxito de Nirvana a principios dos 90, Fu Manchu foi abordada por unha grande discográfica que lle deu cartos para gravar unha demo e así determinar se eran axeitados para a gravación dun álbum. Segundo os membros da banda, eles gravaron a demo sen intención de asinar co selo. O seu plan era entrar a gravar un álbum como tal, non unha demo, que posteriormente editarían independentemente. Iso foi precisamente o que ocorreu; Fu manchu non asinou co grande selo, pero o resultado das gravacións foron o seu primeiro álbum, No One Rides for Free, editado polo selo independente Bong Load Custom Records en 1994.

Abshire deixou Fu Manchu antes da gravación do segundo álbum, Daredevil en 1995. Foi substituído por Brad Davis. Romano e Glass abandonaron pouco despois da edición do terceiro traballo da banda, In Search Of... (1996), e serían substituídos por Brant Bjork e Bob Balch respectivamente. Glass, Romano e Abshire formarían pouco despois Nebula.

Fu Manchu editaría posteriormente varios álbum exitosos e reforzaron a súa reputación como banda cun potente directo. Esta fama fórona gañando cos anos debido ás súas actuacións xirando con bandas coma Kyuss, Monster Magnet, Marilyn Manson, Clutch, Corrosion of Conformity ou White Zombie entre outros.

Brant Bjork deixaría a banda despois da edición do seu disco California Crossing no ano 2002, para facer carreira en solitario, e foi substituído polo antigo batería das bandas Sunshine e Smile Scott Reeder (moitas veces confundido co baixista de Kyuss, Unida e Goatsnake Scott Reeder). No ano 2004, Fu Manchu editaría o seu oitavo traballo, Start The Machine.

O último traballo da banda titúlase We Must Obey, e foi lanzado o 19 de febreiro do ano 2007. Ese ano a banda gastou gran parte do tempo de xira, tocando polos Estados Unidos e por Europa. A finais do ano editaron o sinxelo "Knew It All Along".

En febreiro do 2008, a súa canción "Mongoose" (do álbum California Crossing) apareceu nun anuncio da Super Bowl do Toyota Sequoia.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
No One Rides for Free 1994 Bong Load Records
Daredevil 1995 Mammoth Records
In Search Of... 1996 Mammoth Records
The Action is Go 1997 Mammoth Records
Eatin' Dust 1999 Mammoth Records
King of the Road 2000 Mammoth Records
California Crossing 2002 Mammoth Records
Start the Machine 2004 DRT Entertainment
We Must Obey 2007 Century Media
Signs of Infinite Power 2009 Century Media, At The Dojo Records
Gigantoid 2014 At the Dojo Records
Clone of the Universe 2018 At the Dojo Records

Recompilatorios e directos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]