Blues rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blues rock
Orixe musicalblues eléctrico, rock and roll, blues británico
Orixe culturalde principios a mediados dos 60 no Reino Unido e os Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, baixo, batería, voces, órgano Hammond, piano, harmonica
Derivadosheavy metal - hard rock - boogie rock - rock psicodélico - garage rock - stoner rock
Xéneros de fusión
punk blues

O blues rock é un xénero musial que combina improvisacións de bluseiras sobre progresión de 12 compases do blues e extensas boogie jams con estilon rock and roll. O núcleo do son do blues rock está na guitarra eléctrica, no piano, no baixo e na batería, estando normalmente a guitarra eléctrica amplificada cun amplificador a válvulas, dándolle un carácter saturado.

O estilo comezou a desenvolverse nos anos 60 no Reino Unido e nos Estados Unidos. Bandas británicas, como The Rolling Stones e The Animals, e estadounidenses, como a Butterfield Blues Band e a Siegel–Schwall Band, experimentaron con música dos vellos bluesmen americanos, como Albert Kingand, Howlin' Wolf, Robert Johnson, Jimmy Reed, Muddy Waters e B.B. King. Mentres que as primeiras bandas de blues rock "intentaban tocar longas e complicadas improvisacións, que eran comúns nos discos de jazz", cara aos anos 70, o blues rock volveuse máis pesado e baseouse máis nos riffs. A principios dos 70 "as liñas entre o blues rock e o hard rock apenas eran visibles", xa que as bandas comezaron a gravar álbums á maneira que se faía co rock. Nos anos 80 e 90, os artistas de blues rock volveron ás súas raíces bluseiras, e algúns deles, como The Fabulous Thunderbirds e Stevie Ray Vaughan, flirtearon co estrelato no mundo do rock.