Gralla cereixeira
| Gralla cereixeira | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Corvus monedula (Linnaeus, 1758) |
|||||||||||||||
|
Distribución Corvus monedula
|
|||||||||||||||
A gralla cereixeira ou gralla pequena (Corvus monedula) é unha das especies máis pequenas (34-39 cm de longo) no xénero dos córvidos.
Índice |
Descrición [editar]
A maior parte da súa plumaxe é negra ou negra agrisada agás polas fazulas, caluga e pescozo, que son de cor gris clara ou prateada. O iris dos adultos é branco agrisado ou branco prateado, o único membro do xénero fóra da rexión Australiana que ten esta característica. O iris das grallas cativas é celeste. A ave é sociable, movéndose en pares (macho e femia) ou en grandes grupos, aínda que os pares de aves mantéñense xuntos entre as bandadas.
Distribución e habitat [editar]
As grallas atópanse sobre un ampla área espallándose dende o Noroeste de África a través de virtualmente toda Europa, Irán, o Noroeste de India e Siberia, onde habitan estepas, bosques, terras de cultivo, praderías, cantís costeiros e vilas.
Comportamento [editar]
Dieta [editar]
A gralla cereixeira comunmente toma comida do chan pero consegue algunha das árbores. Come insectos e outros invertebrados, sementes da herba e grans, o lixo que aproveitan dos vertedoiros, restos de alimento que atopan nas praias, e comida de casas para paxaros.
Aniñamento [editar]
A gralla adoita aniñar en colonias nas cavidades das árbores, cantís ou en ruínas de edificios, ás veces tamén en densas coníferas. Os ovos, normalmente 4-5, son chocados durante 17 ou 18 días e os pitos están completamente desenvolvidos logo de 30-35 días.
Canto [editar]
O seu canto é un "tchak-tchak" ou "kieek-kieek".
Comportamento social [editar]
Konrad Lorenz estudou as complexas interaccións sociais que acontecían en grupos de grallas e publicou as súas observacións detalladas do seu comportamento social no seu libro King Solomon's Ring (O Anel do Rei Salomón). A razón de estudar a gralla, Lorenz colocou aneis de cores nas patas das grallas que vivian ao redor da súa casa en Altenberg, Austria, para identificalas, e os engaiolou no inverno polo súa migración anual fóra de Austria.
O seu libro describe as súas observacións nas estruturas de grupos xerárquicos, as aves en maior xerarquía dominantes das de menor xerarquía. O libro tamén grava as súas observacións nos fortes enlaces macho-femia; el notou que nun par cada ave ten o mesmo rango na xerarquía, e que unha femia de gralla con rango baixo subiu na escaleira social cando se converteu na compañeira dun macho de alto rango.
Observouse ás grallas compartindo comida e obxectos. O activo dar de comida é raro nos primates, e en aves é atopado principalmente no contexto do coidado paternal. As grallas amosaron niveis máis altos á hora de compartir comida cós documentados en chimpancés. A función do seu comportamento non é totalmente entendida, aínda que se pescudou que é compatible coa hipótese de mutualismo, reciprocidade e evasión do hostigamiento.[1] Defenden aos seus conxéneres que se atopan en perigo: "As aves ameazaban a cantos pasaban xunto ás súas crías, que caeran do niño ao chan, ata que a policía local rescatounas para levalas a un centro zoolóxico."
Outras Grallas [editar]
Outra especies vencellada coa gralla cereixeira é a gralla dáurica, (Corvus dauuricus) de Asia oriental. A gralla cereixeira e maila dáurica xuntas forman o subxénero Coloeus.
Trivia [editar]
- "Kavka", a palabra checa para gralla, é a orixe do apelido de Franz Kafka.
- Nalgunhas culturas, unha gralla no teito dise que predí unha nova chegada; alternativamente, unha gralla que aniña no teito é unha profecía de morte e cruzala é considerada de mala sorte.[2].
Ligazóns externas [editar]
- Aves urbanas
- Grallas en cantís costeiros
- Esquelete da gralla
- Jackdaw videos on the Internet Bird Collection
- Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta
Notas [editar]
- IUCN: 2006. Asesores: BirdLife International, 2004. id: 51147. Corvus monedula. Downloaded: 12 mayo 2006. Database entry includes justification for why this species is of least concern