Corvo pequeno
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Corvo pequeno | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvus corone corone |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Corvus corone Linnaeus, 1758 |
|||||||||||||||
|
Distribución Corvus corone
|
|||||||||||||||
O corvo pequeno (Corvus corone) é unha ave da familia dos córvidos. Posúe unha testa ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa.
Aínda que poden hibridar con Corvus cornix producindo descendencia fértil, últimos estudos (de 2003) levaron a consideralas especies diferentes, debido á notable diferenza de cor na plumaxe, así como á escasa viabilidade xenética dos híbridos.
A súa voz é forte, áspera, con fondo metálico.
O seu niño está composto de paus, máis livián có da gralla cereixeira, faino en árbores ou arbustos. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo.
Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en praderías con esterco.
Galería [editar]
Ligazóns externas [editar]
Notas [editar]
- Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8