Conversa usuario:UL Abelrr

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, UL Abelrr!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2012 ás 00:25 (UTC)[responder]

Traducións[editar a fonte]

Boas, vin que estás a traballar no artigo Almicantarat e polo que parece é unha tradución dun artigo doutra Wikipedia. Coméntoche que para manter a licenza hai que indicar de ónde procede a información que se está a traducir, na Galipedia pode poñerse nos resumos de edición. Tamén se pode indicar poñendo o modelo Traducido de na páxina de conversa do artigo. Podes ver un exemplo na conversa do artigo Criminal Minds. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 10:34 (UTC)[responder]

Non se nace aprendido e aquí estamos para axudar! :) Cambiei un pouco o da licenza do artigo, en vez de poñer o texto directamente usei o modelo, o número do final é o número da versión exacta que se usou na tradución, deste xeito a referencia é o máis concreta posible. Pero como xa che comentei antes non fai falta ser tan detallista, con poñer no resumo de edición que o contido que se achega é unha tradución do artigo homónimo da wiki tal xa chega.
Para borrar unha cousa que non se poida corrixir ou non sexa correcta, simplemente tes que poñerlle o modelo {{lixo|razón para o seu borrado}} e cando un bibliotecario revise o aviso xa a borra.
Por último recoméndoche que as imaxes as subas a Commons xa que ese é o servidor común de imaxes de tódalas wikis, alí tódalas wikis comparten as súas imaxes e poden ser usadas por todos. Se tes algunha dúbida de Commons coméntamo na miña páxina de conversa e xa che boto unha man. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 00:06 (UTC)[responder]

RE: Consulta[editar a fonte]

Pois esa é unha moi boa pregunta, non vaias pensar, e ademais a súa resolución mostra unha das partes importantes da Galipedia, a verificabilidade. O primeiro que debemos ter en conta para achegar unha información é baseala en fontes de calidade que permitan verificar esa información. Logo para referenciar a información do artigo temos que poñer unha nota ó pé, nesta ligazón explícase como facelo.

Se o consideramos necesario poderíamos dar unha explicación máis ampla no texto engadíndoo nun novo parágrafo, ou incluso engadindo unha sección nova no artigo. Sempre poñendo as referencias axeitadas, claro.

Puxen no artigo un par de referencias para que vexas o seu uso para este caso, podes ver o cambio nesta ligazón. Saúdos e se tedes calquera dúbida xa sabedes onde estou :), --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2013 ás 21:44 (UTC)[responder]

RE:Entrada desaparecida[editar a fonte]

Ola Abel, o artigo foi borrado porque non ten fontes que acrediten a súa relevancia enciclopédica. Estiven buscando información en Internet e a verdade é que non hai moita cousa, que participaron nun concurso e que teñen unha rúa, salvo a súa propia web non atopei máis referencias a ela.

Por outra banda se formas parte desa asociación ou coñeces xente nela quizais deberías ter en conta a política de Wikipedia:Conflito de intereses e Wikipedia:Punto de vista neutral.

E outra cousa que temos que ter moi en conta é que a Galipedia non é un sitio para facer publicidade, é unha enciclopedia libre, e ademais é unha enciclopedia universal, non é unha enciclopedia de Galicia.

Nos borrados de artigos de Wikipedia:Eliminación rápida non se avisa ós creadores xa que na maioría dos casos son vandalismos, nos outros casos publícanse en Wikipedia:Votacións para borrar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 12:23 (UTC)[responder]

Vin o artigo de Xacarandaina e puxen o aviso de que precisa referencias porque tes razón que non ten ningunha máis que a súa páxina web, pero hai unha diferenza importante co artigo dos Falcatrueiros: sobre Xacarandaina é doado atopar información, en google aparecen 90.000 entradas mentras que de Falcatrueiros só aparecen 10.000, e a información que se atopa está espallada por diferentes medios como A voz de Galicia, O ideal, La opinión e de moitas novas distintas. Dos Falcatrueiros só vin información do vídeo e da rúa que lle puxeron. Realmente as dúas asociacións teñen moitos paralelismos, pero a simple vista parece que Xacarandaina ten máis historia e recoñecemento. Posiblemente co tempo e a actividade a asociación dos Falcatrueiros tamén deberá ter un artigo pero actualmente parece que non. Date conta doutra cousa: o artigo foi revisado por tres editores distintos e ningún pensou que debera manterse...
O tema da relevancia é complicado, cando se baixa a un nivel de detalle tan grande comezan a aparecer estes problemas porque non temos na Galipedia unha política de relevancia que nos indique un pouco por ónde cortar. Pero iso é porque definir este tema de forma obxectiva é complicado. Polo momento o que máis se acerca é o que temos en Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia xeral e podes ver como a ligazón a Wikipedia:Criterios de notoriedade está en vermello :), é un tema pendente que temos na Galipedia.
Sobre o artigo da IES Universidade Laboral o mellor sería que non o editaras ti mesmo, a non ser que fose para amañar erros moi claros, e se quixeras engadir máis información o mellor sería que a achegaras á páxina de conversa e que outro editor a revisara e se está conforme a engadise. Pero este artigo non ten tanto problema porque non ten controversia, sempre e cando as achegas sexan neutrais.
Para facer un artigo dunha casa xa ten que ser unha casa cunha boa historia. Se a casa está declarada coma Ben de Interese Cultural ou está nalgún catálogo de protección do concello por ser unha casa histórica ou de interese cultural podería ser viable, doutro xeito está claro que non. E se ti es o propietario dela o mellor sería que non fixeras ti o artigo para manter as distancias :).
Cando queirades podo darvos unha charla de edición para iniciar á xente, é o que teño máis controlado, ou tamén podemos facer unha charla para falar dos piares da Galipedia, aínda que esa sería un pouco filosófica de máis ;). Xa che digo, de relevancia non hai unha normativa desenrolada e pouco se podería falar, só facer comentarios, que ó final poderían ser tamén algo subxectivos... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 10:15 (UTC)[responder]
Ben!, alédame que che axudara a explicación, é que moitas veces me lío bastante :). Cando queirades estou á vosa disposición para ir falar do que vexades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 12:13 (UTC)[responder]

Traslado[editar a fonte]

Ola, xa movín eu o artigo. :) Podes facelo ti mesmo coa función 'Mover'. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de abril de 2013 ás 23:01 (UTC)[responder]

Non te preocupes que iso pásanos a todos día si e día non, e o traballo, como ves, vaise repartindo entre todos :). Como che comenta Xabier para trasladar un artigo que ten o nome mal hai que premer na pestana que está na parte de arriba que se chama "mover". Nesa pestana tes que corrixir o nome e indicar por qué o fas, neste caso con poñer que nome era incorrecto xa chega. Cando rematas o traslado o sistema vai deixar o nome vello como redirección, pero como neste caso non faría falta terías que solicitar que borren ese artigo poñendo o modelo {{lixo}} (isto xa non o tes que facer porque tamén o fixo Xabier :). E listo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2013 ás 11:31 (UTC)[responder]

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:08 (UTC)[responder]

Ola UL Abelrr. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.

Para arranxalo:

  1. Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 20:39 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola UL Abelrr. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 20:57 (UTC)[responder]

Ups! Vaia despiste!!! --UL Abelrr (conversa) 18 de setembro de 2014 ás 21:05 (UTC)[responder]

Política de uso de imaxes[editar a fonte]

Ola Abel.

Borrei algunha das imaxes que cargaches. As vellas.

Segundo a lexislación vixente, as imaxes de autor descoñecido pasan ao dominio público en España oitenta anos despois da súa publicación.

Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes. --. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 21:08 (UTC)[responder]

Ola! Aínda que teño que consultalo coa dirección do Instituto, se as imaxes son propiedade do centro, habería forma lícita de publicalas? (con outro tipo de licencia)

Non sei se unha cousa é ser o autor e outra o dono da foto. Grazas polo aviso. --UL Abelrr (conversa) 18 de setembro de 2014 ás 21:45 (UTC)[responder]

Resumidamente:
O propietario do soporte físico da obra é irrelevante á hora de considerar os dereitos sobre a propiedade intelectual.
A propiedade intelectual da obra (neste caso a fotografía) corresponde sempre ao autor (neste caso o fotógrafo).
Se o autor é coñecido a propiedade intelectual é súa, e só el ou ela pode cedela cunha licenza determinada (CC BY-SA, dominio público etc).
Se o autor morreu hai máis de 70 anos (80 anos en España) a obra pasa automaticamente ao dominio público.
Se se descoñece quen é o autor, a obra pasa ao dominio público aos 70 anos da publicación (80 en España).--. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 22:08 (UTC)[responder]

Concurso de artigos wiki[editar a fonte]

Por se vos interesa botádelle un ollo á nova que deixei na taberna. Saúdos, ----Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 01:32 (UTC)[responder]

Proxectos pedagóxicos[editar a fonte]

Boas UL Abelrr, póñome en contacto contigo para comentarche que na Galipedia abrimos un novo fío de traballo para intentar fomentar o uso do noso proxecto nas aulas, os Wikipedia:Proxectos pedagóxicos. Con esas novas páxinas queremos axudar ós profesores e alumnos a que comecen a usar a Galipedia en todo o seu potencial, que sexa non só unha ferramenta de consulta se non tamén unha ferramenta de formación e aprendizaxe útil para todos eles. Se estades interesados en coñecer máis cousas sobre o que se pode facer, ou coñecedes a alguén que estea interesado, eu podo ter unha reunión con vós para falar sobre o tema e axudarvos a poñelo en marcha creando e axudándovos a crear e organizar os primeiros proxectos, dando charlas informativas sobre a Galipedia, facendo obradoiros de edición no propio centro, e o que vexades que vos pode axudar neste tema. Se queredes máis información podedes deixarme un comentario na miña páxina de conversa, ou incluso podería pasar algún día polo centro para falar sobre o tema en persoa, como vos veña mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 09:59 (UTC)[responder]

Este usuario participa nun proxecto pedagóxico da Galipedia

Axuda do editor visual
Aquí está a axuda do editor visual: Axuda:Introdución.


Os proxectos pedagóxicos
Aquí está toda a documentación dos proxectos pedagóxicos da Galipedia: Wikipedia:Proxectos pedagóxicos