Wikipedia:Criterios de notoriedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:NOT

A notoriedade dun artigo é o resultado da avaliación por parte dos editores para decidir se un tema concreto merece ou non ter un artigo de seu.

Aínda que Wikipedia non ten as limitacións de espazo dunha enciclopedia de papel, isto non significa que calquera tema sexa relevante ou teña interese enciclopédico ou que un artigo non deba axustarse a normas mínimas de redacción e estilo. Sobre os temas existe unha política de cumprimento obrigado e sobre a redacción e o estilo existe un manual de estilo. Con todo, cando non é posible avaliar de forma clara se un artigo cumpre estas políticas, poden chegar a considerarse como artigos sen relevancia aparente.

Existen motivos diversos polos que un artigo pode considerarse como «sen relevancia aparente», partindo da base de que non sexa posible avaliar de forma clara o seu contido ou a intención de desenvolver o tema tratado. Isto provocará por tanto que o artigo pase ó mantemento programado como forma de que, eventualmente, sexa borrado de Wikipedia no caso de confirmarse a falta de notoriedade. Por outra banda, naqueles casos onde sexa claro que o artigo debe ser borrado este trataráse seguindo as normas de eliminación rápida.

Pautas xerais de relevancia[editar a fonte]

A relevancia ou notoriedade dun artigo defínese coa seguinte frase:

  • «Cobertura significativa» significa que as fontes tratan o tema directamente en detalle, e non se necesitan investigacións orixinais para extraer o contido. Esta cobertura ten que proporcionar suficiente información para escribir un artigo verificable, aínda que sexa breve.
  • «Fontes», definidas en Wikipedia como fontes secundarias, proporcionan a evidencia máis obxectiva da relevancia. O número e a natureza das fontes fiables necesarias varía dependendo da profundidade da cobertura e a calidade das fontes. Xeralmente prefírense múltiples fontes.
  • «Fiables» significa que as fontes necesitan integridade editorial para permitir a avaliación verificable da relevancia. As fontes poden abarcar obras publicadas en todas as formas e medios. A dispoñibilidade de fontes secundarias que cobren a materia é un bo test da relevancia.
  • «Independentes da materia» exclúe obras producidas por aqueles afiliados co tema incluíndo (pero non limitado a): auto promoción, publicidade, material auto publicado polo tema, autobiografías, notas de prensa, etc.
  • «Considérase» significa que a cobertura substancial en fontes fiables establece unha suposición, non unha garantía, de relevancia. Os editores poden chegar a un consenso de que aínda que un tema cumpre este criterio, non é apropiada a súa inclusión. Por exemplo, pode violar o que Wikipedia non é.

Un tema para o que estes criterios se consideren cumpridos por consenso é normalmente digno de mención, polo que satisfai os criterios para ter un artigo propio na enciclopedia. Os feitos verificables que non satisfagan os criterios como para ter un artigo de seu poden aínda así ser axeitados para a súa inclusión dentro doutro artigo máis xeral.

Que se espera do autor do artigo[editar a fonte]

Se atopas que un artigo da túa autoría considerado irrelevante (por exemplo cos marcadores {{atención}},{{lixo}} ou {{vpb}}), non quites por ti mesmo o aviso do artigo. Argumenta sobre a súa relevancia e achega datos tal e como se indica máis abaixo, e espera a que quen colocou o aviso no artigo ou outro wikipedista alleo á discusión o faga por ti. Asegúrate de comprender como se realizan os primeiros pasos e verifica que cumpra as políticas de Wikipedia, aínda que tamén pode suceder que as dúbidas proveñan da relevancia do tema e se espere que actúes neste aspecto.

Argumenta sobre a súa relevancia[editar a fonte]

É moi posible que, como editor dun artigo, consideres que o tema si é relevante por algún destes motivos principais:

  1. Existen artigos para cada un dos personaxes de Pokémon.
    Non é boa defensa determinar a relevancia dun artigo pola existencia doutros artigos que o novo editor xulgue como menos relevantes. A relevancia enciclopédica de cada artigo debe defenderse per se e non pola menor relevancia doutros temas existentes en Wikipedia.
  2. É unha información moi útil que non existe noutros sitios de Internet.
    Cómpre ter coidado con este argumento: ademais de que pode suxerir fonte primaria, aínda cando non o sexa, a solución pode estar noutro proxecto de Wikimedia, ou sinxelamente nalgún outro tipo de páxina web (un host gratuíto, un blog, etc.). Wikipedia non é un repositorio de información útil senón, ante todo, unha enciclopedia.
  3. Quen marcou este artigo non coñece a verdadeira importancia deste tema.
    Este é un dos intentos de defensa máis frecuentes cando un artigo é marcado como pouco relevante. Para defender a relevancia dun artigo, debes convencer ós demais con referencias, e non entrar en pelexa con quen xulgou mal a relevancia, por exemplo, tachándoo de ignorante. Xeralmente quen marca un artigo con este aviso non xulga o artigo polo que coñece sobre o tema, senón polas pistas que a redacción do artigo ofrece.
  4. O artigo existe nunha Wikipedia noutro idioma.
    En principio, argumentar como motivo a existencia dos devanditos artigos noutra Wikipedia non é un argumento consistente, non só porque outras Wikipedias se atopen nunha situación distinta e posúan políticas diferentes respecto diso, senón tamén porque cada artigo debe defenderse per se.

Achega datos[editar a fonte]

  1. Agrega información no artigo que permita establecer a importancia do tema. Por exemplo, se un artigo sobre unha organización xuvenil di que «é unha organización xuvenil», achega pouco a quen le o artigo e non coñecen a historia desta organización. En cambio, dicir que «é unha das maiores organizacións xuvenís, con presenza en 80 países e conta con 120.000 asociados» indica relevancia. Desde logo, esta información fornecida debe ser verdadeira e verificable indicando as referencias correspondentes.
  2. Indica en forma de notas ao pé ou no apartado de Bibliografía e/ou Ligazóns externas as fontes da información e páxinas web que falen sobre o tema en cuestión, preferiblemente sitios alleos, neutrais ou críticos.
  3. Mellora o artigo para que se convirta nun bo artigo, seguindo as normas de estilo de Wikipedia.
  4. Se non tes moito tempo para achegar os datos anteriores, coloca o modelo {{Enuso}} no corpo do artigo e, na súa páxina de discusión escribe as razóns polas que crees que o artigo si é relevante e apropiado para Wikipedia, para posteriormente mellorar e ampliar o artigo con eses datos cando teñas a posibilidade e tempo dispoñible.
  5. Pregunta na páxina de discusión do usuario que colocou o aviso de irrelevancia as razóns que lle levaron a facelo. Isto poderá aclarar mellor as políticas de Wikipedia, mellorar o artigo ou lograr que retire o aviso se o convences de que houbo un erro. Lembra respectar as normas de conduta para ter máis posibilidades de dar a entender o teu punto de vista, asumir a boa fe e non facer ataques persoais.

Que pasa se non podes convencer da relevancia do artigo[editar a fonte]

  • Se o artigo non foi defendido nin mellorado por un período razoable de tempo, considerarase probada a súa irrelevancia e procederase ó borrado inmediato.
  • Se o artigo foi defendido ou mellorado e aínda así quen indicou a súa irrelevancia, ou outro wikipedista, non quedou convencido da súa relevancia, comezarase unha consulta de borrado para que a comunidade de wikipedistas determinen se o artigo ten cabida ou non en Wikipedia.

Observación: Unha consulta de borrado non é un borrado. Durante a consulta de borrado os wikipedistas poden expor as súas opinións durante os seguintes sete días e argumentar a favor ou en contra de borrar o artigo. Durante ese período o artigo pode seguir sendo mellorado, no que a votación procederá segundo o expresado en Wikipedia:Votacións.

Que facer se, como autor, te convences da irrelevancia do artigo[editar a fonte]

«Lin isto e as demais políticas de Wikipedia e agora sei que o artigo era realmente irrelevante.»

Neste caso podes solicitar o borrado inmediato do artigo mediante o modelo {{lixo}}. É probable que creases o artigo a través dun enderezo IP anónimo (antes de rexistrarte en Wikipedia) e agora esteas rexistrado ou esteas a usar outro enderezo IP, polo que non é fácil determinar que sexas o editor orixinal. Neste caso podes deixar que transcorran os días sen melloras nin defensa e o artigo será borrado.