Axuda:Como redireccionar unha páxina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para redirixir unha páxina a outra, ponse no corpo da primeira só:

#REDIRECCIÓN [[nome da segunda páxina]]

Ao ir á primeira páxina, o sistema mostra automaticamente a segunda. Nesta aparece, por baixo do título, a lenda:

(Redirixido desde "[[nome da primeira páxina]]")

Cando se move unha páxina a outra con outro título, este código aparece automaticamente na páxina orixinal. Para mover unha páxina, cómpre estar rexistrado e ter accedido ao sistema previamente: entón aparecerá unha lapela "mover" entre a de "vixiar/deixar de vixiar" e a caixa de procura.

Redireccións a evitar[editar | editar a fonte]

Hai que ter coidado en non crear redireccións dobres, isto é, que a páxina de redirección apunte para outra que tamén sexa unha redirección. Existe unha listaxe de direccións dobres, así como unha de redireccións rotas, que se producen cando se elimina ou move unha páxina para a que apunta outra. Neste caso hai que volver definir na páxina de redirección cal é a páxina cara á que debe apuntar.

As redireccións dobres créanse moitas veces ao mover unha páxina e non modificar a ligazón nova en todas as páxinas que apuntaban para ela. Para evitar isto, preme en Páxinas que ligan con esta (a primeira opción da caixa de ferramentas da esquerda) desde a páxina que contén a redirección e vai unha por unha por todas as páxinas actualizando a ligazón nova.

Tamén hai que evitar as denominadas autorredireccións, isto é un artigo que redirixe cara a si mesmo a través doutra redirección.

Por outra banda, as páxinas de redirección non se inclúen en ningunha categoría, pois iso resultaría en entradas duplicadas para a mesma páxina.


Frecha. Volver á páxina de axuda.