Vao (pasaxe)
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Un vao, tamén chamado ás veces porto, é o lugar dun río, lago, regueiro ou corrente de auga con leito firme e pouco fondo, por onde se pode atravesar a pé, da cabalo ou cun vehículo.
Índice |
Características [editar]
É unha característica natural dos ríos, cando son pouco fundos que permiten cruzalos. Cando a profundidade é algo maior recorríase a diferentes tipos de pasaxes: ás veces pasadoiros, e outras pontellas. Cando o caudal do río e voluminoso a ponte é a única solución construtiva.
Tamén se chama vao cando se dá no mar para acadar a pé unha illa, como ocorría na Illa de Toralla en Vigo. Ás veces tamén se chama vao ao lugar da beiramar onde fondean os barcos.
Falamos de pasaxe cando nos referimos ao espazo modificado na vía pública onde se rebaixa o bordo da beirarrúa para o acceso libre de vehículos a locais ou leiras (pasaxe permanente).
Historia [editar]
Cando non existían tantas pontes nin automóbiles, era frecuente ver os carros de bois atravesando os vaos para acceder ás leiras, ou para cruzar regueiros que acotío as estradas atravesaban. De aí topónimos como Oxford (Vao do Boi).
Pola súa importancia militar e económica, en épocas nas que as pontes eran raras, a presenza dun vao a miúdo foi a razón do establecemento de pobos e polo tanto a fundación de vilas e cidades. Así é o caso de Salamanca, ou de Roma.
Etimoloxía e toponimia [editar]
A palabra galega vao (en portugués vau), vén do latín: vadus (do verbo ir).
O termo vao, e as súa tradución nas diferentes linguas, é frecuente na toponimia de moitos países:
- En portugués: vau. Por exemplo Vau en Óbidos, Portugal.
- En alemán: furt. Por exemplo Frankfurt en Alemaña.
- En inglés; ford. Por exemplo Oxford en Inglaterra.
En Galicia é un topónimo moi frecuente.