Arona, Italia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arona.
Arona é unha comuna de 14.310 habitantes da provincia de Novara, no Piemonte, Italia. Situada nas beiras do lago Maggiore.
Índice |
Lugares [editar]
Dagnente, Mercurago, Montrigiasco, Campagna, San Carlo e Arona.
Historia [editar]
O descubrimento de restos arqueolóxicos na localidade de Lagoni, preto de Mercurago, testemuña a existencia dun asentamento de palafitas entre os séculos XVIII e XIII a.C.
No século XI fundouse unha abadía bieita que sería a orixe da cidade actual. Cando Federico I Barbarroxa destrúe Milán en 1162 o castelo de Arona, que dependía do arcebispo de Milán, serviu de refuxio a boa parte dos habitantes da cidade.