Tommy Lee Jones
| Tommy Lee Jones | |
|---|---|
Tommy Lee Jones, 2007. |
|
| Nacemento | Tom Lee Jones 15 de setembro de 1946 San Saba, Texas, Estados Unidos |
| Profesión | Actor (1969 - ) |
| Ficha na IMDb | |
Tom Lee Jones, nado en San Saba (Texas) o 15 de setembro de 1946, coñecido como Tommy Lee Jones, é un actor e director de cine estadounidense, gañador dun Oscar, de ascendencia galesa e cheroqui.
Traxectoria [editar]
Estudou en Harvard, onde se graduou cum laude en 1969. Comezou actuando en Broadway en televisión, facendo a súa estrea no cine en 1970 na película Love Story. En 1983 recibiu un Emmy como mellor actor polo seu papel como o asasino Gary Gilmore nunha adaptación televisiva.
En 1993 recibiu o Oscar ó mellor actor de reparto polo seu papel en O fuxitivo. Esta e outras películas nas que actuou durante a década de 1990 convertérono nun dos actores mellor pagados de Hollywood.
Tommy Lee Jones fíxose famoso na cinta O fuxitivo, xunto a Harrison Ford, ao interpretar a Samuel Gerard, en US Marshals.