Harry o sucio
| Harry o sucio | |
|---|---|
| Título orixinal | Dirty Harry |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Don Siegel |
| Produtor | Don Siegel |
| Guión | Harry Julian Fink, R.M. Fink, Dean Riesner, John Milius, Terrence Malick |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Clint Eastwood, Andrew Robinson, Reni Santoni, John Vernon, Harry Guardino, John Larch, John Mitchum |
| Música | Lalo Schifrin |
| Fotografía | Bruce Surtees |
| Montaxe | Carl Pingitore |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Warner Bros. pictures |
| Ano | 1971 |
| Duración | 102 minutos |
| País | |
| Xénero | Acción |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | Magnum Force |
| Ficha en IMDb | |
Harry o sucio (título orixinal: Dirty Harry) é unha película estadounidense de 1971, dirixida por Don Siegel e protagonizada por Clint Eastwood, con Andrew Robinson, Reni Santoni, John Vernon e Harry Guardino nos papeis principais.
Tivo catro secuelas: Magnum Force (1973), The Enforcer (1976), Sudden Impact (1983), e The Dead Pool (1988).
Índice |
Trama[editar]
Andrew Robinson é un asasino en serie que actúa en San Francisco baixo o alcume de Scorpio, matando civiles desde as azoteas cun fusil de precisión. Pretende facer chantaxe á cidade, baixo a ameaza de matar unha persoa cada día mentres non se lle pague un rescate. O seu segundo intento de asasinato é evitado por un helicóptero policial, pero escapa e consegue matar ao día seguinte. A policía cre que é moi posible que regrese ao mesmo lugar para intentar matar de novo. Os policías Callahan (Clint Estwood) e Chico (Reni Santoni) espérano alí e evitan o asasinato do seu obxectivo, un sacerdote católico. Porén, logra escapar novamente matando a un axente no camiño. Posteriormente secuestra a unha adolescente, á que viola, tortura e pecha nun foxo. Eleva o rescate e afirma que debe ser pagado de contado, pois á rapaza só lle queda ar até as 3:00 da mañá seguinte. O alcalde (John Vernon) decide entregarlle os cartos e envía a Callahan para tal misión. Scorpio faille percorrer toda a cidade, de cabina telefónica en cabina telefónica, indicándolle o seguinte punto mediante chamadas. Finalmente, enfróntase a Callahan e leva os cartos, pero agrede a Callahan e ameaza con matalo a el e á rapaza. Chico seguira a Callahan oculto todo o traxecto e entra en escena, intercambiando disparos co asasino. Callahan logra apuñalar a Scorpio desde o chan cunha navalla que levaba oculta. Scorpio escapa ferido no muslo, pero sen os cartos. Callahan percorre as clínicas buscando algunha pista de Scorpio. Un médico que tratara a Scorpio recoñéceo e dille a Callahan que vive preto de alí, nun cuarto do xardineiro do estadio deportivo do barrio. Callahan irrumpe na súa habitación sen orde xudicial e perségueo por todo o terreo de xogo, deténdoo cun disparo na perna. Nese momento comeza a torturalo, pisándolle a perna ferida para poder saber o lugar onde está enterrada a rapaza. Lógrase atopar á rapaza, pero xa morta. Scorpio é liberado sen cargos por ser detido por medios irregulares e baixo tortura. Posteriormente, Scorpio págalle a un sicario para que o golpee no rostro, e así culpar a Callahan de brutalidade policial. Finalmente, Scorpio secuestra un autobús escolar e esixe outro rescate, máis un avión. O alcalde insiste en acceder ás súa demandas, pero Callahan perségueo pola súa conta e risco e logra rescatar os nenos e matar a Scorpio.
Repercusión[editar]
Foi a primeira aparición do inspector Harry "o Sucio" Callahan, do Departamento de Policía de San Francisco, interpretado por Clint Eastwood.
O irónico retrato de Clint Eastwood coma inspector obtuso, cínico e heterodoxo que aparentemente sempre está en conflito cos seus xefes, asenta o estilo para os seus papeis seguintes, e de feito, todo un xénero de películas de anti-heroes como The French Connection. Harry Callahan é alcumado Harry o Sucio pola súa inclinación a aceptar os traballos máis penosos.
O éxito da película derivou na produción de catro secuelas. O rol de anti-heroe de Eastwood tamén foi bastante imitado con posterioridade.
Harry Callahan tamén contribuíu a popularizar o revólver Modelo 29 calibre .44 Magnum de Smith & Wesson.
Clint Eastwood non era o candidato para protagonizar o filme. O papel foi orixinalmente escrito para Frank Sinatra, pero o rompera unha boneca e encontrou a magnum demasiado pesada, polo que rexeitou a interpretación. Antes de ofrecerlle o papel a Eastwood John Wayne, Steve McQueen e Paul Newman rexeitaron encarnar ao inspector por diversas razóns. No guión orixinal a historia tiña lugar en Seattle (Washington), pero unha das condicións de Eastwood para aceptar o papel era o cambio de escenario a San Francisco, a súa cidade natal.
Scorpio, o vilán da película, está inspirado no criminal Zodiac Killer, que andaba solto en San Francisco naquela época, pero que nunca foi capturado. Audie Murphy foi proposto en primeiro lugar para o papel, pero morreu en accidente aéreo. O papel foi parar ao descoñecido Andrew Robinson. O retrato que fai Robinson do asasino foi tan realista que recibiu sucesivas ameazas de morte e acabou pedindo un número de teléfono secreto. Na vida real Robinson é pacifista, e despreza as armas. Nos primeiros días da rodaxe Robinson amosaba unha mueca de desagrado ao disparar, e o director Don Siegel suspendeu a rodaxe por un tempo para mandar a Robinson a unha escola de tiro[1]. Non obstante, continuou facendo xestos ao disparar.
Miscelánea[editar]
- O filme estivo prohibido en Finlandia até 1972 e censurado en Noruega e Portugal.
- As escenas rodáronse en exteriores reais de San Francisco, agás a do atraco do banco, que foi filmada nunha falsa rúa de estudio para maior seguridade, pois requiría moitos efectos especiais.
- Na escena da fuxida dos atracadores do banco pódese ver un cine no que se está a proxectar Play Misty for Me, primeira película de Eastwood como director, e na que Don Siegel tiña un pequeno papel como actor.
- Clint Eastwood rodou persoalmente todas as escenas de perigo.
Notas[editar]
- ↑ www.anecdotage.com (en inglés).