Ciclióforo
| Ciclióforos (Cycliophora) |
|||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Especies | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
Os ciclióforos (Cycliophora, do grego κύκλος kýklos, "círculo", "roda" e φορός phorós "portador", é dicir, "os que levan rodas", debido a unha pequena coroa que rodea a boca de ditos organismos) son un filo de animais descuberto en 1995 por Reinhardt Kristensen e Peter Funch da Universidade de Copenhagen na boca de Nephrops norvegicus (a cigala).[1]
Trátase dun grupo de seres mariños, triblásticos, acelomados, con simetría bilateral, que inclúe un único xénero, Symbion, con dúas especies descritas Symbion pandora e Symbion americanus.[2] A segunda das especies encontrouse na boca de Homarus americanus (o lumbrigante americano)[3] e aínda hai outras, de momento sen describir, encontradas na boca de Homarus gammarus (o lumbrigante).
Índice |
Características [editar]
Os zoólogos decidiron crear este filo xa que estes seres posúen un gran número de características que os diferencian doutros filos como a súa morfoloxía, a sexualidade, etc., non encaixando con ningún dos actualmente existentes.
- Dende o punto de vista da súa sexualidade este grupo presenta unhas características propias como son a presenza de tres tipos de formas: unha de maior tamaño asexuada, uns machos máis pequenos unidos ás formas anteriores e unhas femias de tamaño intermedio.
- En canto ao aparato dixestivo, os individuos presentan un embude bucal cunha coroa de cilios na parte superior do tronco coa misión de atrapar o alimento. Ao seren transparentes, pódense apreciar no interior do seu corpo un tubo dixestivo que ten estrutura en U, estando o ano preto do embude.
- Na parte inferior do tronco obsérvanse xemas internas que corresponden a embrións en diferentes estados de desenvolvemento.
- O ciclo biolóxico pasa por unha fase asexual e outra fase sexual que acaba xerando unhas larvas que producen novos individuos asexuados.
- Viven adheridos as mandíbulas das cigalas (ou dos lumbrigantes, segundo as especies) mediante un curto pedúnculo que remata nun disco adhesivo.
- O seu tamaño e inferior a 1 mm de lonxitude.
Notas [editar]
- ↑ P. Funch & R. M. Christensen (1995): "Cycliophora is a new phylum with affinities to Entoprocta and Ectoprocta", Nature, 378: 711–714. [1]
- ↑ M. Obst, P. Funch & G. Giribet (2005): "Hidden diversity and host specificity in cycliophorans: a phylogeographic analysis along the North Atlantic and Mediterranean Sea", Molecular Ecology 14: 4427–4440. [2]
- ↑ Neves, R. C.; Kristensen, R. M. e Wanninger A (2009): "Three-dimensional reconstruction of the musculature of various life cycle stages of the cycliophoran Symbion americanus". J. Morphol. 270 (3): 257–70. PMID 18937332.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Peter Funch A Lobster's Microscopic Friend (Un amigo microscópico da lagosta) (en inglés) Consultada o 17/01/2013.
- Carmen Salas Casanova Cycliophora: un nuevo filo animal en los apéndices bucales de la cigala Nephrops norvegicus (Linnaeus, 1758) (en castelán) Consultada 0 17/01/2013.o
| Filos do Reino Animal |
| Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida |