Caso Gürtel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Camps, presidente do País Valenciano, un dos principais implicados no caso Gürtel

O caso Gürtel (Gürtel en alemán é o termo para "cinto" ou "correa") é o nome que lle deu o xuíz instrutor Baltasar Garzón á investigación que en 2009 tratou de investigar unha presunta trama delitiva na que estaban implicados diversos empresarios e varios políticos do Partido Popular en España.

Trama e ramificacións[editar | editar a fonte]

O centro da trama sería supostamente o empresario madrileño Francisco Correa e tres dos seus socios e homes de confianza, o galego Pablo Crespo, Álvaro Pérez (alias El Bigotes) e Antoine Sánchez. O seu obxecto sería supostamente desenvolver un conglomerado de negocios para aproveitar fondos de entidades públicas, en particular dalgúns concellos e comunidades autónomas, como Madrid e Valencia. As empresas que basearían este conglomerado denomínanse Special Events e Orange Market, e operaban no sector da organización de eventos e na arquitectura efémera. Os contratos con estas administracións públicas conseguiríanse supostamente mediante doazóns e agasallos, comisións ilegais[1] e subornos a funcionarios e autoridades públicas. A partir deste núcleo inicial a trama tería tres ramificacións principais, en función das instancias xudiciais que poden responsabilizarse do caso.

A póla valenciana[editar | editar a fonte]

A existencia de imputados ou posibles imputados con cargos nas administracións públicas valencianas obrigou o xuíz instrutor inicial Baltasar Garzón a trasladar a causa ao Tribunal Superior de Xustiza de Valencia. Neste caso, os empresarios recibiron distintos contratos das administracións públicas valencianas (que o xuíz instrutor valorara en cinco millóns de euros) ao mesmo tempo que facían agasallos en roupa e complementos téxtiles a determinados políticos, fundamentalmente o presidente da Generalitat Valenciana Francisco Camps, o secretario xeral do PP Ricardo Costa e o secretario de organización José Víctor Campos[2], pero tamén outras figuras como a alcaldesa de Valencia Rita Barberá[3]. A fiscalía tentou probar a relación de causalidade entre estes dous feitos, para o que contou coa testemuña do xastre encargado de confeccionar eses traxes.

Ambos os políticos foron chamados a declarar como imputados. Porén, o Tribunal Superior de Xustiza de Valencia, presidido polo xuíz Juan Luis de la Rúa, amigo íntimo do acusado Francisco Camps[4], sobreseu o caso[5] ao entender que non se podía probar esa relación de causalidade entre os agasallos e a concesión de contratos. O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, respaldou publicamente a Camps e diversos cargos políticos do PP acusaron o goberno socialista de conspirar para perseguir xudicialmente o Partido Popular[6]. A fiscalía anticorrupción[7] presentou un recurso, polo que o caso está pendente de resolución no Tribunal Supremo.

Paralelamente, a policía investigou unha trama que vencellaba esas mesmas empresas coa tesourería do Partido Popular de Valencia, e onde se sinalaba a posibilidade de que esas empresas financiasen ilegalmente o PP. Nesa trama estarían implicados presuntamente o vicepresidente valenciano Vicente Rambla, o secretario xeral do PP valenciano, Ricardo Costa, o vicesecretario, David Serra, e a tesoureira do partido, Yolanda García Santos[8]. O Tribunal Superior de Xustiza de Valencia non admitiu o informe policial porque non lle fora requirido nin había ningunha denuncia presentada pola fiscalía a ese respecto.

A póla do Supremo[editar | editar a fonte]

O 15 de xuño, o xuíz instrutor do caso no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid remitiuno ao Tribunal Supremo do Estado Español, ao apreciar indicios de delito na actuación dos parlamentarios populares Jesús Merino e Luis Bárcenas, este último tesoreiro do partido[9], e que ao tempo ameaza con revelar información confidencial dos propios populares cando algunhas voces reclaman o seu cese do posto[10].

O 28 de xullo, Luis Bárcenas foi o primeiro dos imputados en presentar a súa dimisión, malia que afirmou que se trataba dunha saída temporal e consensuada co seu partido. Con todo, mantén o seu escano de deputado.

A póla de Castela e León[editar | editar a fonte]

Segundo informacións do diario El País un novo informe policial foi remitido ao Tribunal Superior de Xustiza de Madrid implicando a José Manuel Fernández Santiago, presidente do parlamento de Castela e León e ex conselleiro de Fomento, nunha adxudicación amañada con repartición de comisións ilegais, que ascenderían a 72.000 euros, repartidos entre diversos cargos do Partido Popular[11].

Caso Gürtel en Galiza[editar | editar a fonte]

  • A Xunta de Manuel Fraga autorizou en abril de 2005 a construción da cementeira de Coirós, denominada Gallega de Molienda de Clinker e presidida por Ramón Blanco, citado a declarar por Baltasar Garzón e antigo socio de Pablo Crespo[15].
  • Juan Casares, ex deputado do PPdeG no parlamento galego, e José Enrique Sotelo, deputado provincial por Pontevedra e líder dos populares en Cangas do Morrazo, forman parte tamén da trama ao asinaren e seren responsábeis da teren certificado uns parquímetros inexistentes na vila de Cangas[17]. Por outra banda, as empresas da familia de Casares recibiron un total de 19 millóns de euros en contratos da Xunta entre 2000 e 2005[18].
  • Segundo un informe policial do que se fixeron eco os medios no mes de setembro de 2009, máis do 52% dos gastos derivados do PPdeG nas contas das empresas relacionadas co Gürtel foi pactado en diñeiro negro entre os anos 1996 e 1999, sendo daquela Pablo Crespo o secretario de organización do partido[19].

Principais imputados ou relacionados[editar | editar a fonte]

Empresarios[editar | editar a fonte]

  • Francisco Correa. Presidente da empresa Special Events.
  • Álvaro Pérez Alonso (El Bigotes). Presidente da empresa Orange Market. Acusado de suborno.
  • Pablo Crespo, ex-secretario de organización do PPdeG.
  • Antoine Sánchez, curmán de Correa.
  • José Luis Ulibarri, presidente do grupo Begar.

Políticos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,2 millóns de euros en comisións ilegais, Cadena Ser, 24.4.2009, consultado o 25.9.2009.
  2. Garzón destapa sobornos a Camps y una red de corrupción masiva en Madrid, El País, 6.3.2009 consultado o 25.9.2009
  3. El Bigotes afirma que hizo regalos a Barberá, El País, 19.7.2009, consultado o 25.9.2009
  4. Camps es íntimo amigo del presidente del tribunal que lo juzgará, Público, 7.3.2009, consultado o 25.9.2009
  5. Camps sobrevive al 'caso Gürtel'... de momento, Público, 3.8.2009, consultado o 25.9.2009
  6. Sáenz de Santamaría defiende presunción de inocencia de Camps y niega doble vara de medir con otros imputados, Europa Press, 14.5.2009, consultado o 25.9.2009
  7. La Fiscalía recurre la causa archivada contra Camps, El Economista.es, 3.8.2009, consultado o 25.9.2009
  8. El vicepresidente de Camps y la cúpula del PP valenciano dirigían la financiación ilegal, El País, 24.9.2009, consultado o 25.9.2009
  9. O Caso Gürtel ao Tribunal Supremo
  10. Bárcenas doi posuír documentos comprometedores do partido.
  11. Implicación do goberno de Castela a Mancha Nova aparecida en Xornal de Galicia o 6 de outubro de 2009. (en castelán)
  12. Pablo Crespo, man dereita de Cuiña no PPdeG, detido por corrupción
  13. Aportacións á campaña galega do PP
  14. O auto do caso Gürtel implica a outra firma galega e mais a un alto cargo do PPdeG
  15. A cementeira de Coirós presidida por un imputado do Gürtel
  16. A rede de Ramón Cerdá, en Galiza dende 2006
  17. Xoán Casres, Xosé Henrique Soutelo e o caso Gürtel
  18. A familia de Casares obtén unha polémicas contratas públicas
  19. 'El Bigotes' exigió dinero negro a Mariano Rajoy Nova aparecida en Xornal.com o 27 de setembro de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]