José Enrique Sotelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Enrique Sotelo Villar, nado en Aldán (Cangas) o 15 de xaneiro de 1959, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982. Concelleiro en Cangas polo PPdeG dende 1991, foi deputado no Parlamento de Galicia (1993-1999) e voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cangas e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde nas municipais de 2003. Foi deputado provincial. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde de Cangas grazas a un pacto con UPAC. [1] (escisión do Partido Popular).


Predecesor:
Euloxio López Gutiérrez
Escudo de Cangas.PNG
Alcalde de Cangas

1999 - 2007
Sucesor:
Clara Millán
Predecesor:
Clara Millán
Escudo de Cangas.PNG
Alcalde de Cangas

2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]