Carlos IV de Luxemburgo
| Carlos IV | |
|---|---|
|
|
|
| Reinado | 26 de agosto de 1346 29 de novembro de 1378 |
| Coroación | 2 de setembro de 1347, Praga |
| Predecesor | Xoán de Bohemia |
| Sucesor | Venceslau |
|
|
|
| Reinado | 11 de xullo de 1346 29 de novembro de 1378 |
| Coroación | 26 de novembro de 1346, Bonn |
| Predecesor | Luís IV |
| Sucesor | Venceslau I |
|
|
|
| Reinado | 6 de xaneiro/5 de abril de 1355 29 de novembro de 1378 |
| Coroación | 6 de xaneiro de 1355, Milán (real) 5 de abril de 1355, Roma (imperial) |
| Predecesor | Luís IV |
| Sucesor | Sexismundo I |
|
|
|
| Reinado | 4 de xuño de 1365 29 de novembro de 1378 |
| Coroación | 4 de xuño de 1365, Besançon |
| Sucesor | Sexismundo I |
| Esposa | Branca de Valois Ana de Baviera Ana de Świdnica Sabela de Pomerania |
| Descendencia | |
| Sexismundo I Venceslau I Margarida de Hungría Catarina de Bohemia Sabela de Austria Ana, Raíña de Inglaterra Margarida de Bohemia |
|
| Casa | Casa de Luxemburgo |
| Pai | Xoán de Bohemia |
| Nai | Sabela de Bohemia |
| Nado | 14 de maio de 1316 Praga |
| Morto | 29 de novembro de 1378 (62 anos) Praga |
Carlos IV (en alemán: Karl IV, en checo: Karel IV, en latín: Carolus IV) nado o 14 de maio de 1316 en Praga, e falecido na mesma cidade o 29 de novembro de 1378, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, da Casa de Luxemburgo, e rei de Alemaña, Bohemia, Borgoña e Italia.
Índice |
Biografía [editar]
Primeiros anos de vida [editar]
Membro da Casa de Luxemburgo, fillo do conde Xoán I de Luxemburgo (rei de Bohemia a través do seu matrimonio) e de Sabela de Bohemia (filla do rei Venceslau II e irmá de Venceslau III).
Foi rei dos romanos (entre 1344 e 1378) e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (entre 1355 e 1378). A través da súa herdanza paterna tamén se converteu en rei de Bohemia (entre 1346 e 1378) e conde de Luxemburgo (entre 1346 e 1353). Foi chamado Venceslau, mais despois da súa confirmación cambiouse o nome por Carlos.
Ascenso ao poder [editar]
Foi elixido rei de romanos coa oposición do emperador Luís IV ao ser declarado deposto polo papa Xoán XXII pola política que mantivo en relación con Italia e o propio papado. Dous anos despois (en 1346 sucedeu ao seu pai no trono de Bohemia e no condado de Luxemburgo), prestou o seu apoio ao papa Clemente VI. En 1348 fundou a Universidade de Praga. En 1355 foi coroado rei dos lombardos e, en Roma, como emperador.
A través da promulgación da Bula de Ouro en 1356, quedaron establecidos os requisitos e pasos necesarios para alcanzar a elección como emperador do Sacro Imperio. Sucedeulle como monarca de Bohemia e Luxemburgo o seu fillo Venceslau, que tamén foi designado rei de Alemaña ou dos romanos. Foi o gran promotor da cidade de Praga, pero tamén reafirmou o valor emblemático de Núremberg, dentro do Imperio, con cincuenta e dúas estancias na cidade.
Familia [editar]
Matrimonios e fillos [editar]
Carlos casou catro veces. A súa primeira esposa foi Branca de Valois (1316-1348), filla de Carlos de Valois. Desta unión naceron dúas fillas:
- Margarida de Luxemburgo (1335-1349), casada con Luís I de Hungría.
- Caterina de Bohemia (19 de agosto de 1342 - 26 de abril de 1395), quen contraeu matrimonio primeiro con Rodolfo IV e logo con Otto V.
O seu segundo matrimonio foi con Ana de Baviera (1329-1353), filla de Rodolfo II.
- Venceslau, que morreu de novo.
A súa terceira esposa foi Ana de Świdnica (1339-1362, filla de Henrique II e Catarina de Anjou), con quen tivo dous fillos:
- Venceslau de Luxemburgo (1361-1419), sucesor de Carlos como rei de Bohemia.
- Sabela de Bohemia (1358-1373), quen casou con Alberte III de Austria.
A súa cuarta esposa foi Sabela de Pomerania (1347-1393), filla do Boguslaw V, e Sabela de Polonia. Da súa unión naceron seis fillos:
- Ana de Bohemia (1366-1394), quen casou con Ricardo II de Inglaterra
- Sexismundo de Hungría (1368-1437), emperador xermánico, rei de Bohemia e Margrave de Brandeburgo.
- Xoán de Luxemburgo (1370-1396).
- Carlos de Luxemburgo (1372-1373).
- Margarida de Bohemia (13731410), quen casou con Xoán III, Margrave de Núremberg.
- Henrique de Luxemburgo (1377-1378).
Ascendencia [editar]
| Carlos IV de Luxemburgo | Pai: Xoán de Bohemia |
Avó paterno: Henrique VII |
Bisavó paterno: Henrique VI |
| Bisavoa paterna: Beatriz D'Avesnes |
|||
| Avoa paterna: Margarida de Brabante |
Bisavó paterno: Xoán I, duque de Brabante |
||
| Bisavoa paterna: Margarida III de Flandres |
|||
| Nai: Sabela de Bohemia |
Avó materno: Venceslau II de Bohemia |
Bisavó materno: Otakar II de Bohemia |
|
| Bisavoa materna: Cunigunda de Eslavonia |
|||
| Avoa materna: Xudite de Habsburgo |
Bisavó materno: Rodolfo I de Habsburgo |
||
| Bisavoa materna: Xertrude de Hohenburg |