Sexismundo de Luxemburgo
| Sexismundo | |
|---|---|
| Sexismundo retratado por un artista anónimo arredor de 1420. | |
|
|
|
| Reinado | 1433 - 1437 |
| Coroación | 31 de maio de 1433 en Roma |
| Predecesor | Carlos IV, Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico |
| Sucesor | Federico III de Habsburgo |
|
|
|
| Reinado | 1387 - 1437 |
| Coroación | 31 de Marzo de 1387 en Székesfehérvár |
| Predecesor | María de Hungría |
| Sucesor | Alberte II de Alemaña |
|
|
|
| Reinado | 1419 - 1437 |
| Coroación | 27 de Xullo de 1420 en Praga |
| Predecesor | Wenceslao, Rei dos Romanos |
| Sucesor | Alberte II de Alemaña |
|
|
|
| Reinado | 1410 - 1437 |
| Coroación | 8 de Novembro de 1414 en Aachen |
| Predecesor | Roberto de Alemaña |
| Sucesor | Alberte II de Alemaña |
| Cónxuxe | María de Hungría Barbara de Celje |
| Descendencia | |
| Sabela, Raíña de Bohemia | |
| Casa | Casa de Luxemburgo |
| Pai | Carlos IV, Sacro Emperador Romano-Xermánico |
| Nai | Sabela de Pomerania |
| Nacemento | 14 de Febreiro de 1368 Nuremberg |
| Falecemento | Modelo:Death date and age Znojmo |
| Enterramento | Oradea |
Sexismundo de Luxemburgo (Nuremberg, 15 de febreiro de 1368 - Znaim, 9 de decembro de 1437) foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1410 a 1437 e rei de Hungría e Bohemia, e derradeiro monarca da dinastía Luxemburgo.
Foi segundo fillo do emperador Carlos IV, nacera en Nuremberg. Foi marqués de Brandeburgo de 1378, ao suceder ao seu pai, ata 1388 cando renunciou a favor do seu curmán Jobst de Moravia. Logo da morte deste, en 1411, Sexismundo volveu converterse en marqués de Brandeburgo ata 1415, cando agasallou co territorio desta marca a Federico I de Nuremberg, dando lugar a que a familia dos Hohenzollern pasase a ser a máis importante de Alemaña.
Grazas ao seu casamento con María I de Hungría, Sexismundo ocupou o trono húngaro dende 1386. En 1396 fixo fronte aos turcos de Beyazid I que trataran de atacar o sur de Hungría pero as súas forzas foron derrotadas na Batalla de Nicopolis (actual Bulgaria) e o propio Sexismundo estivo a piques de ser capturado.
Contraeu un segundo matrimonio en 1406, con Barbara de Celje.
No ano 1410, falecido o emperador Roberto e tras unha complicada elección, foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano. Os seus opoñentes foron Wenceslao de Bohemia, que non aceptou a súa deposición como emperador dez anos antes de Jobst de Moravia, que resultou seleccionado pero faleceu poucos meses despois. Wenceslao renunciou a favor de Sexismundo, permitíndolle ser recoñecido emperador de xeito unánime.
Sexismundo reinou dende 1419 en Bohemia, ao suceder a Wenceslao pero estivo enfrontado cos husitas durante quince anos, e non foi recoñecido pola maior parte das faccións checas ata o ano 1437.
Tivo unha filla con Barbara de Celje, Sabela (1409-1442) quen casou co emperador Alberte II, que puido suceder ao seu sogro nos tronos de Hungría e Bohemia.
| Predecesor: Roberto |
Rei dos Romanos 1410 - 1433 |
Sucesor: Alberte II |
| Predecesor: Carlos IV |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico 1433 - 1437 |
Sucesor: Federico III |
| Predecesor: María (1382–1385;1386–1395) |
Rei de Hungría 1387 - 1437 |
Sucesor: Alberte I |
| Predecesor: Wenceslao |
Elector de Brandeburgo 1378 - 1388 |
Sucesor: Jobst de Moravia |
| Predecesor: Jobst de Moravia |
Elector de Brandeburgo 1411 - 1415 |
Sucesor: Federico I |
| Predecesor: Wenceslao IV |
Rei de Bohemia 1419 - 1421 1436 - 1437 |
Sucesor: Alberte I |