Brose Baskets
|
||
|---|---|---|
| Competición | ||
| Fundado | 1955 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Stechert Arena (6.800) | |
| Cores | Gris e vermello |
|
| Historia | 1.FC 01 Bamberg (1955-1988) TTL Bamberg (1988-1995) TTL uniVersa Bamberg (1995-2000) TSK uniVersa Bamberg (2000-2003) GHP Bamberg (2003-2006) Brose Baskets Bamberg (2006-presente) |
|
| Presidente | Herbert Lauer | |
| Adestrador | Chris Fleming | |
| Bundesliga | 5 (2005, 2007, 2010, 2011, 2012) | |
| Copa de Alemaña | 4 (1992, 2010, 2011, 2012) | |
| Patrocinador | Brose | |
| Vestimenta | Jako | |
| Cheerleaders | Bamberg Pirates | |
| Sitio Web | www.brosebaskets.de | |
O Brose Baskets é un club profesional de baloncesto da cidade de Bamberg, Baviera, que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Até o ano 2012 o club gañou en cinco ocasións a liga (2005, 2007, 2010, 2011 e 2012) e catro a copa (1992, 2010, 2011 e 2012). Foi ademais o primeiro equipo alemán en chegar ao Top 16 da Euroleague Basketball.
Índice |
Historia [editar]
O club foi fundado en 1955 co nome de 1 FC 01 Bamberg. Quince anos despois, en 1970, o club xogou por primeira vez na Basketball Bundesliga, a máxima competición do baloncesto alemán. Despois de dous descensos e ascensos (baixou en 1979 e 1983, e subiu en 1982 e 1984), debido aos problemas económicos do FC Bamberg 1988, club do cal era parte, elimina a sección de baloncesto. A raíz diso creasde unha nova asocación (a partir do nome do patrocinador): TTL Basketball Bamberg (TTL por Tapeten-Teppichboden-Land). En 1995 o club pasa a chamarse TTL uniVersa Bamber (uniVersa por uniVersa Versicherungen, unha compañía de seguros). En 1992 o Bamberga gaña o seu primeiro trofeo, a Copa de Alemaña.
Despois de novos problemas financieiros, no ano 2000 un novo patrocinador salvo ao equipo é permítelle continuar na máxima categoría do baloncesto alemán, pasando o equipo a chamarse TSK uniVersa Bamberg. Con todo, diferenzas entre o novo patrocinador e o club puxeron en risco a continuidade do mesmo en 2003. Dous anos despois, en 2005, o equipo gaña a súa primeira Bundesliga, o que lle valeu a súa participación ao ano seguinte na Euroleague Basketball, onde foi o primeiro equipo do país en chegar ao Formato|Top 16. Dende aquela o club converteuse nun dos equipos máis competitivos de Alemaña, gañando de novo a Bundesliga en 2007 e 2010, ano no que tamén conseguiu gañar a Copa.
Denominacións [editar]
- 1.FC 01 Bamberg: 1955-1988
- TTL Bamberg: 1988-1995
- TTL uniVersa Bamberg: 1995-2000
- TTL uniVersa Bamberg: 1995-2000
- TSK uniVersa Bamberg: 2000-2003
- GHP Bamberg: 2003-2006
- Brose Baskets Bamberg: dende 2006
Pavillón [editar]
- Artigo principal: Stechert Arena.
O Brose Baskets xoga os seus encontros como local no Stechert Arena. O pavillón está situado na propia cidade de Bamberg. Foi comezado a construír en 2000 e inaugurado un ano despois, en 2001. Con capacidade para 6.900 en partidos de baloncesto, alberga os encontros do equipo tanto na Basketball Bundesliga como eventualmente na Euroliga. O recinto orixinariamente tiña capacidade para 4.750 persoas mais foi remodelado e reinaugurado en outubro de 2006. Para outros eventos, como concertos, o pavillón pode albergar entre 9.000 e 10.000 espectadores.
Xogadores [editar]
Cadro actual [editar]
| Brose Baskets 2012-2013 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Palmarés [editar]
- 5 Basketball Bundesliga: 2005 , 2007, 2010, 2011 e 2012.
- 4 Copa de Alemaña: 1992, 2010, 2011 e 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en alemán)