Fabien Causeur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabien Causeur
Real Madrid  – No. 1
Información persoal
Nacemento 16 de xuño de 1987 (36 anos)
Francia Brest, Francia
Nacionalidade Francia
Altura 1,96 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base / Escolta
Liga Liga ACB
Euroliga
Información da carreira
Carreira 2005−presente
Historial de equipos
STB Le Havre (2005–2009)
Cholet Basket (2009–2012)
Laboral Kutxa (2012–2016)
Brose Bamberg (2016–2017)
Real Madrid (2017–presente)
Premios e galardóns

Fabien Causeur, nado o 16 de xuño de 1987 en Brest, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Cunha altura de 1,96 metros,[1] xoga na posición de base.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Causeur xogou na liga francesa dende o ano 2005. Pasou os seus primeiros catro anos coma profesional no STB Le Havre. Na tempada 2009-10, fichou polo Cholet Basket.

En 2012, fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB.[2]

O 25 de xullo de 2017, anunciouse a súa fichaxe polo Real Madrid da Liga ACB.[3] O 3 de xullo de 2019, o Real Madrid e Causeur renovaron o contrato do xogador por tres anos máis.[4]

Selección[editar | editar a fonte]

Causeur foi chamado por primeira vez coa selección francesa no Campionato do Mundo de baloncesto sub-21 de 2007. Debutou coa selección absoluta no Campionato do Mundo da FIBA de 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CAUSEUR, FABIEN HEIGHT: 1.96.
  2. "Caja Laboral ficha a Tibor Pleiss y Fabien Causeur". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  3. El Madrid hace oficial el fichaje de Causeur
  4. "Causeur, tres temporadas más vestido de blanco". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o 09 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]