Augamariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augamariña
Augamariña coa súa típica cor celeste
Fórmula química: Be3Al2Si6O18::Fe
Clase: Silicatos
Subclase: Ciclosilicatos
Sistema cristalino: Hexagonal
Cor: Azul verdosa
Brillo: Vítreo
Dureza: 7,5-8
Fractura: Concoidea
Exfoliación: Moi imperfecta
Raia: Branca
Densidade: 2,68-2,72 g/cm3

A augamariña (do latín aqua marinā que significa auga do mar, en referencia á súa cor) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2Si6O18 e que é unha variedade do berilo.

Índice

[editar] Aspecto

A augamariña preséntase en forma de cristais prismáticos hexagonais de cor azul verdosa. Esta cor é debida á inclusión na súa composición de partículas de ferro. Se o ferro que aparece é Fe2+ a súa cor será azulada e pola contra se é Fe3+ a súa coloración voltarase un pouco máis verdosa.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares onde se atopa

A augamariña é un mineral de orixe magmática que acostuma formarse a temperaturas de uns 800 °C. Fai presenza en pegmatitas, en xistos micáceos e en filóns hidrotermais de calcio.

Moitos son os xacementos de augamariña que hai espallados polo mundo. Pódense atopar augamariñas na India, nos Estados Unidos e en moitos países de África, aínda que as explotacións máis importantes encóntranse no Brasil.

[editar] Usos da augamariña

É moi apreciada no mundo da xoiería e polos coleccionistas.

[editar] Outros silicatos

O cuarzo, o feldespato e a mica son outros silicatos importantes.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas